Güeldres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gueldria - Gelderland")
Güeldres
Gelderland
Gelderlaand
Bandeira de Güeldres Escudo de Güeldres
Bandeira Escudo
Himno: Ons Gelderland
 
Gelderland position.svg
 
Estado Flag of the Netherlands.svg Países Baixos
Capital
 • Poboación
Arnhem
145.417 (2008)
Cidade principal Nimega
Linguas
 • Oficiais
Neerlandés e baixo saxón
Neerlandés
Estatus
 • Comisario da Raíña
Provincie
Clemens Cornielje (VVD)
Fundado en 1543
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 2º
5.136,51 km²
3,2
km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 4º
1.990.871
396 hab./km²
Xentilicio
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .nl
Código ISO NL-GE
Páxina Web Oficial
Subdivisións de Países Baixos

Güeldres[1] (en baixo saxón Gelderlaand e en neerlandés Gelderland, antigamente Gelre) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Arnhem. Limita coas provincias de Overijssel, Utrecht, Holanda Meridional, Brabante do Norte, Limburgo e o Estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia.

Gueldria está divida en tres partes: Veluwe, Achterhoek e Betuwe, e está conectada con Flevoland mediante pontes e diques.

En 1944, durante a Segunda Guerra Mundial, tivo lugar en Güeldres a Operación Market Garden. Combateuse nas pontes do río Waal, entre Arnhem e Nimega.

Notas[editar | editar a fonte]