Saltar ao contido

Grupo Vava'u

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaGrupo Vava'u
Imaxe
Tipogrupo de illas Editar o valor en Wikidata
Parte dexeografía de Tonga Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVava'u, Tonga e Tonga Editar o valor en Wikidata
Mapa
 18°39′05″S 173°59′01″O / -18.6514, -173.9836
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude131 m Editar o valor en Wikidata
Superficie138 km² Editar o valor en Wikidata
Port of Refuge e Neiafu.
Localización do grupo Vava'u

Vava´u é a illa principal do grupo Vava'u, ao norte de Tonga. Tense transcrito como Vavao, e tamén se denomina ´Uta Vava´u (en inglés Vava´u Mainland) para distinguir a illa do grupo.

A illa Vava'u é unha plataforma elevada de coral con cantís na costa norte e cun litoral baixo e irregular ao sur que se abre nunha complexa rede de canles, baías e illas formando un dos portos naturais máis protexidos do Pacífico. A superficie total é de 89,74 km², e a altitude máxima é de 204 m.

A capital é Neiafu 18°39′S 173°59′O / -18.650, -173.983 O, situada na costa meridional. É a segunda cidade máis poboada de Tonga. En Neiafu reside o gobernador da división administrativa de Vava'u. A poboación total da illa era de 12.238 habitantes no censo de 1996.

Illas do grupo Vava´u

[editar | editar a fonte]

Na Polinesia explícase que as illas creounas o deus Maui, que as pescou do fondo do mar co seu anzol máxico e deixounas flotando. Os locais de Vava'u din que Maui pescou a illa de mala gana arrastrándoa. Por iso ten unha gran baía aberta no sur cun longo rastro de illotes. En total hai unhas 70 illas, das cales 17 están habitadas, distribuídas en seis distritos. As máis importantes son:

Illa Poboación (1996) Área (km²) Densidade Coordenadas
Foeata 5 0,10 18°43′S 174°8′O / -18.717, -174.133
Fonualei 18°1′S 174°19′O / -18.017, -174.317
Hunga 347 4,69 74,0 18°41′S 174°7′O / -18.683, -174.117
Kapa 410 5,96 68,8 18°42′S 174°2′O / -18.700, -174.033
Kenutu 1 0,43 18°42′S 173°56′O / -18.700, -173.933
Koloa 321 2,25 142,7 18°39′S 173°56′O / -18.650, -173.933
Lape 21 0,39 53,8 18°43′S 174°5′O / -18.717, -174.083
Late 18°48′S 174°39′O / -18.800, -174.650
Lateiki 19°11′S 174°52′O / -19.183, -174.867
Nuapapu 381 2,67 142,7 18°42′S 174°5′O / -18.700, -174.083
Ofu 171 1,24 137,9 18°42′S 173°58′O / -18.700, -173.967
Okoa 228 0,34 670,6
Olo'ua 110 0,49 224,5 18°40′S 173°57′O / -18.667, -173.950
'Ovaka 103 1,29 79,8 18°45′S 174°6′O / -18.750, -174.100
Pangaimotu 835 8,86 94,2 18°39′S 174°0′O / -18.650, -174.000
Tapana 6 0,36
Taunga 77 0,36 213,9 18°45′S 174°1′O / -18.750, -174.017
'Utungake 457 0,93 491,4 18°40′S 174°1′O / -18.667, -174.017
Vaka'eitu 4 0,90 18°43′S 174°6′O / -18.717, -174.100
Vava'u 12.238 89,74 136,4 18°37′S 174°0′O / -18.617, -174.000
TOTAL 15.715 121,00 129,9

Un paso elevado une as illas de Vava'u, Pangaimotu, Toula e 'Utungake, situadas diante de Neiafu.

Como prolongación ao norte da liña de volcáns de Ha'apai, no grupo Vava'u atópanse algunhas illas que son conos volcánicos extinguidos e outras que son illas en formación a partir de volcáns submarinos:

  • Fonualei é unha illa de forma cónica que se eleva ata os 183 metros cun cantil vertical na costa sur.
  • Toku, a 43 km ao norte de Vava'u, é unha illa formada polo cráter dun volcán activo.
  • Late é un cono simétrico de 5 km de diámetro e 518 m de altitude.
  • Lateiki, petit Late, máis coñecido como Metis Shoal, é un volcán submarino que se atopa ao sur de Late e en diversas ocasións a formado unha illa.

O grupo Vava'u foi descuberto polo galego Francisco Mourelle de la Rúa en 1781. O seu barco, A Princesa, desviouse da tradicional ruta de Manila e chegou en precarias condicións á deshabitada Fonualei, onde non puido desembarcar e bautizouna como Amargura. En Vava'u recuperouse en Porto Refuxio (hoxe en día Port of Refuge). O porto da illa Kapa chámase Port Maurelle na súa honra. Denominou ao grupo illas Mayorga en honra ao vicerrei de Nova España, o barcelonés Martí de Mayorga.

En 1787 chegou o francés La Pérouse antes de que se perdese o seu rastro no Pacífico. Anotou o nome nativo como Vavao. En 1793 o italohispano Alessandro Malaspina pasou dez días na primeira expedición científica española.