Xeografía de Tonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 20°S 175°O / -20, -175

Mapa de Tonga.

Tonga é un arquipélago localizado ao sur de Samoa. As súas 169 illas, das cales 36 están habitadas[1], divídense en tres grupos principais: Vava'ou, Ten'apai e Tongatapu, que forman unha liña norte-sur de 800 quilómetros de longo. Tongatapu, a illa máis grande e que alberga a capital Nukuʻalofa, cobre 257 km². Xeoloxicamente, as illas de Tonga son de dous tipos: a maioría teñen unha base de pedra calcaria que se orixinou a partir de formacións de coral levantadas; as demais consisten en pedra calcaria sobre unha base de orixe volcánica.

O clima é basicamente subtropical cun período cálido (de decembro a abril), durante o cal a temperatura sobe por riba dos 32 °C, e un período máis fresco (de maio a novembro), no que as temperaturas non acostuman superar os 27 °C. A temperatura sobe de 23 °C a 27 °C, e a precipitación anual varía de 170 a 297 centímetros se se viaxa desde Tongatapu para o sur para as illas do norte máis próximas ao Ecuador. A humidade media diaria é do 80%.

Ten unha área total de 748 km², dos que 718 km² son de terra e 30 de auga. Non ten fronteiras con outros países, e ten unha lonxitude de costas de 419 km.

Accidentes mariños:
plataforma continental: 200 m de profundidade
zona económica exclusiva: 200 mn (370.4 km)
territorio mariño: 12 mn (22.2 km)

Clima: tropical; alterado por ventos alisios; estación cálida (de decembro a maio), estación fresca (de maio a decembro)

Terreo: a maioría das illas teñen unha base de pedra calcaria que se orixinou a partir de formacións de coral levantadas; as demais consisten en pedra calcaria sobre unha base de orixe volcánica.

Elevacións do terreo:
punto máis baixo: Océano Pacífico 0 m
punto máis alto: lugar sen nome en Kao Island con 1.033 m

Recursos naturais: pescado, terreo fértil

Uso da terra:
terreo cultivábel: 24%
cultivo permanente: 43%
pastos permanentes: 6%
bosque e selva: 11%
outros: 16% (1993 est.)

Terras de regadío: N/D km²

Perigos naturais: ciclóns (de outubro a abril); terremotos e actividade volcánica en Fonuafo'ou (Illa Falcón) e Late'iki (Illa Mete)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CIA- The World Facbook". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]