Grog
O grog é unha bebida feita de auga quente azucrada, mesturada cun licor, xeralmente ron, aínda que tamén kirsch, coñac ou outros. Adoita conter algún aromatizante, por exemplo, limón.
Ingredientes e elaboración[editar | editar a fonte]
Mestúranse todos os ingredientes, engadindo auga a ferver ata encher o vaso.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
A orixe do grog débese ao almirante inglés Edward Vernon, a quen os seus subordinados alcumaban Old Grog por unha capa impermeable que sempre vestía confeccionada cun material chamado grogram. En 1740 Vernon emitiu unha orde pola cal o ron debía ser rebaixado con auga baixo a vixilancia dun oficial. Os mariñeiros gozarían de dúas racións ao día. Para mellorar o sabor estes engadiron azucre e lima dando orixe ao "grog" que hoxe coñecemos, chamado así en honra ao almirante.
Foi usado pola mariña británica como forma de reducir o consumo de ron por parte dos mariñeiros, e para que aqueles soldados que tiñan que entrar en batalla, mantivésense o suficientemente conscientes como para se enfrontaren aos temibles combates no mar; sendo parte da ración diaria ata o 31 de xullo de 1970.[Cómpre referencia] día que se coñeceu como o Black tot day.
Foi a bebida favorita dos mariñeiros británicos durante anos. As versións actuais inclúen ron con auga quente azucrada con zume de limón. Pode beberse quente, ou preferiblemente frío.
O adxectivo groggy[2] (do termo inglés groggy) [3] vén do estado no que quedaban os que abusaban do grog.
Cabo Verde[editar | editar a fonte]
En Cabo Verde a palabra grogue (grogu ou grog’, en crioulo) designa a augardente de cana de azucre simple, ou sexa ron. Os métodos son fundamentalmente artesanais e case toda a cana de azucre é usada para a produción de grogue. A moenda da cana é efectuada en trapiches.
En Cabo Verde é feita unha bebida á base de grogue denominada pontche, que inclúe limón e azucre, semellante á poncha da illa de Madeira.
A produción de cana de azucre e grogue é maior nas illas de Santo Antão e Santiago. Dada a diminuta produción de grogue en Cabo Verde, fronte á procura, o grogue adulterado é tamén producido a partir de azucre.
Despois de preparado, poden tamén ser mergulladas herbas medicinais no grogue, como por exemplo a ruda, o romeu e anís. Existe tamén grogue con percebes.
Nalgúns locais turísticos, é posíbel encontrar tamén caipiriña preparada con grogue.
Galería[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Receta para facer grog Arquivado 10 de marzo de 2013 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para groggy.
- ↑ The Shorter Oxford English Dictionary on Historical Principles vol.1 pax.893 ISBN 0-19-861126-9
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Grog ![]() |