Coñac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cognac Braastad XO

O coñac (en francés: cognac) é un tipo de brandy que se elabora a partir do viño de uva branca das cepas cultivadas nos arredores da cidade de Cognac, zona relativamente cálida do departamento francés de Charente, cun proceso específico de destilación e selección das uvas.

A calcaria do chan contribúe á calidade do coñac, debendo o seu sabor e fragrancia aos métodos de destilación e maduración de polo menos dous anos en cubas de carballo. A cidade de Cognac é unha das tres rexións con denominación de orixe europeo para elaborar brandy. As outras dúas son Armagnac e Jerez de la Frontera.