Grand Theft Auto V

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gran Theft Auto V
Desenvolvedor Rockstar North
Distribuidora Rockstar Games
Take-Two Interactive
Director Adam Fowler
Produtor Leslie Benzies
Escritor Dan Houser
Artista Aaron Garbut
Motor RAGE
Con Euphoria e Bullet Physics
Lanzamento 17 de setembro de 2013
Serie Grand Theft Auto
Xénero Acción, aventura, sandbox
Modos de xogo Un xogador / Online
Clasificación PEGI-18
ESRB-M
Plataformas PlayStation 3
Xbox 360
Formato Blu-ray Disc (PS3)
2x DVD (Xbox 360)
Páxina oficial rockstargames.com/V/

Grand Theft Auto V, ás veces coñecido como GTA V, é un videoxogo de mundo aberto (sandbox), acción e aventura desenvolvido polo estudo escocés Rockstar North e publicado por Rockstar Games. O xogo saiu á venda o 17 de setembro de 2013 nas plamataformas PlayStation 3 e Xbox 360. É o primeiro xogo da serie principal da saga Grand Theft Auto despois do lanzamento de Grand Theft Auto IV en 2008, sendo o décimo quinto xogo da serie en total. Ao ser un dos últimos títulos lanzados en exclusiva para a sétima xeración de consolas de videoxogos, Grand Theft Auto V é un videoxogo moi agardado.[1]

O xogo consta de elementos de condución e de acción e aventura, os cales forman parte dun mundo aberto co que os xogadores poden interactuar ao seu antollo. O xogo está ambientado no estado ficticio estadounidense de San Andreas, o cal xa foi escenario doutras entregas da saga, baseado nos estados reais de California e Nevada. Nesta entrega a ambientación tenta reflictir o sur de California, onde se pode atopar cidade ficticia de Los Santos (a imaxe e semellanza dos Ánxeles) e unha zona de campo aberto. A historia dun só xogador está contada a través de tres protagonistas, Michael, Trevor e Franklin, os cales o xogador pode ir alternando cando o desexe. A historia segue os esforzos dos protagonistas para planificar e executar seis grandes atracos e acumular riquezas. O xogo tamén inclúe un modo online, que permite particpar até 16 xogadores simultaneamente, tanto en modo cooperativo como en competitivo.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En setembro de 2009, durante unha conferencia financeira, o presidente da compañía Take-Two Interactive, propietaria de Rockstar Games, Strauss Zelnick, respondeu a unha pregunta dos presentes sobre o anuncio dun vindeiro Grand Theft Auto do seguinte xeito:

«Non imos anuncialo, nin imos anunciar cando imos anuncialo, e tampouco imos anunciar unha estratexia sobre o seu anuncio ou sobre cando vai ser anunciado, nin sobre a estratexia publicitaria ao redor do anuncio da devandita estratexia».[2]
Logo de Take-Two.

Un mes despois, en novembro, nunha entrevista co xornal inglés The Times, o produtor de Grand Theft Auto e habitual escritor da saga, Dan Houser, prestouse a contestar preguntas que concernían ao futuro da serie, confirmando por vez primeira que o seu equipo comezara a pensar en GTA V. O mesmo artigo aclaraba que Houser escribira parte dun guión que xa chegaba ás mil páxinas. Na mesma entrevista, Houser explicou que debido ao volume de traballo á hora de crear novos xogos da serie, lévalles primeiro a pensar na cidade, e máis adiante no personaxe principal.[3][4] Medio ano despois, en xullo de 2010, Rockstar North, compañía encargada de desenvolver os GTA, demandou sete postos de traballo relacionados cun novo título. A firma buscaba encher ocos dispoñibles, incluíndo recreadores de contorna, programadores de física e animadores de personaxes. O último posto de traballo a cubrir buscaba a «xente con experiencia profesional desenvolvendo videoxogos de acción en terceira persoa». Non se sabía se Rockstar estaba a contratar a xente para GTA V, ou se a firma só pretendía mellorar outro dos seus videoxogos, Agent.[5] En decembro de 2010, Strauss Zelnick declarou que a compañía non ía a lanzar títulos anuais algunhas das súas mellores franquías como Grand Theft Auto ou Red Dead Redemption, xa que facer iso poría en perigo a súa calidade e faríase pesado para os usuarios.[6]

Antes de que o xogo fose anunciado oficialmente, tiveron lugar varias filtracións dunha suposta produción dun GTA, incluíndo rexistros de sitios web,[7] castings de dobraxe de anteriores personaxes de Grand Theft Auto[8] e a un editor do sitio web IGN quen indicou que o título se poría á venda en 2012.[9] As primeiras informacións que facían referencia ao xogo fixéronse públicas en Internet en febreiro de 2011, mediante a filtración accidental do currículo dun actor, ao que se sumou unha lista de direccións de sitios web rexistradas a nome de Rockstar co coñecido estilo GTA.[10] En marzo, filtráronse numerosas chamadas a casting por parte de Rockstar para dobrar o videoxogo, nun proxecto coñecido co nome en clave de «Rush» (em [lingua inglesa|inglés]]: Urxente). Tendo en conta que un dos papeis era o de James Pedeaston, un personaxe de radio aparecido en Grand Theft Auto: San Andreas, o proxecto supúñase relacionado con Rockstar.[11][12][13] En xuño de 2011, fontes supostamente próximas á compañía, deron a coñecer que o título estaba «en marcha e bastante avanzado», con retoques finais como mini-xogos xa aplicados, e cuxo lanzamento sería, «con bastante probabilidade», en 2012. «É o máis grande», dixeron, dando a entender que a magnitude de GTA V sería eminentemente ampla.[14]

Nunha entrevista en xullo de 2011 con PSM3, o co-fundador de Team Bondi, Brendan McNamara, respondeu a unha serie de preguntas acerca de se Rockstar estaba a considerar usar o sistema MotionScan para o seu próximo GTA do seguinte xeito:

«Si, creo que o están tendo en conta para cada xogo. Da mesma forma que L.A. Noire é un gran xogo, Grand Theft Auto é incriblemente grande tamén, así que é normal ter problemas coa enorme repartición do guion, e con todas as frases que habería que gravar e demais. Obviamente, gustaríanos que o utilizasen, e son máis que benvidos de usar MotionScan, aínda que se deciden que non é axeitado para este xogo, e prefiren usalo noutro, tamén nos parece estupendo».[15]

Anuncio e estrea[editar | editar a fonte]

O cartel de Hollywood aparece no avance do videoxogo representado como «Vinewood».

O 25 de outubro de 2011, Rockstar Games modificou a portada do seu sitio web para promocionar o logotipo de Grand Theft Auto V, tendo a «V» do devandito logotipo unha forma semellante á textura dos billetes dos dólares estadounidenses.[16] Unha breve mensaxe impresa baixo o logotipo indicaba que un avance estaría dispoñible o 2 de novembro de 2011,[17] comezando no propio sitio web o 26 de outubro unha conta atrás de tempo que reflectía cando se publicaría.[18] Nos momentos posteriores á revelación de que Grand Theft Auto V estaba en desenvolvemento, as accións de Take-Two Interactive, a compañía matriz de Rockstar Games, disparáronse nun 7%.[19]

O 26 de outubro, un coñecido sitio web de videoxogos, Kotaku, sinalou que os rumores sobre se Rockstar ía recrear a cidade dos Ánxeles para GTA V «eran certos» segundo «fontes próximas ao xogo», sinlando expresamente que o xogo ía ter a súa localización «nalgunha versión» desta cidade.[20]

O 2 de novembro, Rockstar Games publicou o primeiro avance de Grand Theft Auto V, brindando aos seguidores unha primeira ollada ao próximo título. O avance revelou o lugar onde, en principio, se desenvolvería a acción: Los Santos, unha cidade ficticia baseada efectivamente nos Ánxeles e os seus arredores no sur do estado de California, incluíndo Hollywood (coñecido como «Vinewood» no videoxogo), así como paisaxes peculiares da zona. Algunhas das características adicionais que foron desveladas son o golf, os avións, motos de auga, ximnasios e persecucións policiais. A canción utilizada no vídeo era Odgens' Nut Gone Flake, do grupo británico The Small Faces.[21]

Ao día seguinte, Rockstar Games confirmou que Grand Theft Auto V estaba en pleno desenvolvemento e que tería lugar en Los Santos e «os seus arredores: outeiros, zonas rurais e praias», ademais de que «sería o xogo máis grande e máis ambicioso que Rockstar crease xamais», descrito por Sam Houser, cofundador xunto ao seu irmán Dan da compañía, como «unha reinvención radical do universo de Grand Theft Auto».[22] Take-Two definiu GTA V como «unha nova dirección na liberdade do videoxogo de mundo aberto, no relato da historia, no estilo de xogo baseado en misións e no modo multixogador en liña»; confirmando ademais que a historia se centraría «na procura do todopoderoso dólar nunha reinventada zona do actual sur de California.

Casi dous anos despois, o 9 de xullo de 2013, saíu á luz o primeiro vídeo oficial do xogo en movemento, no cal se podía ver por vez primeira o seu nivel gráfico e o seu sistema de xogo cos seus tres personaxes principais: Michael, Trevor e Franklin. Un semana despois, o día 15, estrenouse un novo avance onde se mostraba Grand Theft Auto Online, o modo multixogador online, o cal estaría dispoñible para o 1 de outubro de 2013, data posterior ao lanzamento do xogo. O día 29 de agosto de 2013 deuse a coñecer o avance oficial onde se explican as motivacións dos tres protagonistas.

Banda sonora[editar | editar a fonte]

Grand Theft Auto V é o primeiro xogo da serie posúe unha banda sonora creada especialmente para a ocasión.[23] Para traballar na banda sonora, o equipo contratou ao grupo Tangerine Dream en colaboración con Woody Jackson (Red Dead Redemption, L.A. Noire, Max Payne 3) e os produtores de hip-hop The Alchemist e Oh No.[23] Tangerine Dream e Jackson compuxeron entre 30 e 40 horas de música que forman parte das misións do xogo para aumentar a súa atmosfera. Esta música sonará tanto no modo dun xogador como no multixogador.[23][24][25] Tal como os xogos anteriores da serie, Grand Theft Auto V tamén ten musica licenciada que se pode ouvir nas radios do xogo. A banda sonora foi «concibida para abranguer a amplitude da escena musical na moderna cidade dos Ánxeles».[23] Preto de 240 cancións foron licenciadas, distribuídas en quince estacións de radio de varios xéneros musicais. A radio tamén inclúe dúas estacións de asuntos xeralistas con locutores da vida real como por exemplo Stephen Pope e Nathan Williams da banda Wavves.[23][25]

Sistema de xogo[editar | editar a fonte]

Grand Theft Auto V é un xogo de acción e aventura en terceira persoa. O xogador pode usar combate de corpo a corpo, armas e explosivos para loitar contra inimigo, así como pode correr, saltar, nadar ou usar vehículos para navegar polo mundo do xogo. Durante o combate, pódese utilizar unha mira-automática e un sistema de cobertura como asistencia.[26] Un dos obxectivos do xogador é completar misións para progresar na historia, e tal como outros xogos en mundo aberto, esas misións poden ser completadas segundo o desexo do xogador. Se o xogador comete actos ilegais mentres xoga, poderá haber unha resposta por parte forzas dos corpos de seguridade, sendo medida da contundencia utilizada polas autoridades por medio dunha barra de "wanted" (do inglés: búscase); se o xogador continúa a cometer crimes ou se responde con agresión, a barra acumula estrelas, e os esforzos das forzas de autoridade para incapacitar o xogador tórnanse máis activos.[26]

No modo para un xogador de GTA V o xogador pode controlar a tres protagonistas: Michael, Trevor e Franklin, criminais cuxas historias se entrecruzan a medida que se van completando misións. Mentres interactúe co mundo do xogo, o xogador pode trocar de protagonista ao seu pracer, e mesmo durante as misións trocar de personaxe poderá ser necesario para sentido completar certos obxectivos ou como unha opción alternativa para atopar novos xeitos creativos de resolver unha situación; por exemplo, nunha misión Michael fai rappel no exterior dun edificio, Franklin dá cobertura con armas, e Trevor controla o helicóptero de fuga, e o xogador pode trocar entre eles para se adequar a un estilo preferido de xogar.[27] Cada protagonista controlado polo xogador dispón de oito habilidades, representadas numericamente, en certas áreas como disparar ou conducir. Para cada protagonista, as oito habilidades "especiais" determinan a súa eficacia para emprender unha acción que é única para o personaxe respectivo; Michael, por exemplo, consegue entrar en bullet time (do inglés: tempo de bala, efecto que consiste en poder disparar a cámara lente) en combate, Franklin consegue ralentizar o tempo mentres conduce e Trevor consegue crear o máis danos nos inimigos. Existe unha barra no HUD (Head up display) de cada personaxe que se baleira cando a habilidade é usada, mentres que se enche co tempo cando a habilidade non está a ser usada.[28] A pesar de que o xogador pode completar misións como calquera dos tres protagonistas, nalgunhas das máis difíciles poderá ser necesaria a asistencia de cómplices controlados pola IA, con habilidades únicas como conducir ou penetrar en sistemas informáticos, ficando cunha parte da recompensa despois de se completar a misión.[29] O xogador tamén pode empregar distintas estratexias distintas para completar unha misión, por exemplo, nunha misión de roubo o xogador pode actuar por medio do sixilo, actuando sobre os civís cun axente incapacitante, ou crear o pánico na zona entrando coas armas á vista.[30]

O xogo transcurre nun mundo aberto cun gran mapa que o xogador pode percorrer libremente cando non está nunha misión. O mundo consta de zonas rurais e da cidade fictícia de Los Santos, reprodución da cidade dos Ánxeles, a cal é considerablemente maior que as dos anteriores capítulos da serie.[31] O xogador pode utilizar unha enorme cantidade de vehículos para explorar o mundo do xogo, que ademais para acomodar o tamaño do mapa introduce vehículos novos que estaban ausentes no antecesor Grand Theft Auto IV, como por exemplo avións.[32] Mentres anda libremente polo mundo, o xogador pode participar en varias actividades especificas dun contexto; por exemplo, pode utilizar un equipo de mergullador para explotar as seccións subacuáticas do mundo, un paracaídas para practicar BASE jumping, e mesmo xogar a deportes como o tenis ou o golf. Cada personaxe ten ademais un smartphone que pode ser usado para contactar con amigos, participar en actividades ou acceder á Internet ficticia propia do xogo.[28] A internet pode ser usada, por exemplo, para comprar propiedades como casas ou negocios ou acceder ao mercado bolsista para permitir ao xogador ser accionista en varios negocios; cada personaxe pode recibir rendementos ao comprar negocios ou a vender accións.[32] O xogador pode comprar ademais melloras para a armas ou vehículos para cada un dos protagonistas, e alterar a súa aparencia mercando roupas, peiteados, tatuaxes ou xoias.[28]

Multixogador[editar | editar a fonte]

O multixogador en GTAV recibe o nome de Grand Theft Auto Online.[33] Este modo permite até dezaseis xogadores explotar libremente o mundo do modo dun xogador.[34] Os xogadores pódense axudar os uns aos outros en varias actividades, como carreiras ou asaltos a bancos. Para moitas desas actividades, os parámetros poden ser determinados polos xogadores, como crear a pista para as carreiras ou crear a zona de armas para os xogos deathmatch.[35]

O multixogador competitivo coloca equipos de xogadores, coñecidos como "crews", uns contra os outros en xogos de deathmatch. Os "crews" do multixogador de Max Payne 3 pasarán ao Grand Theft Auto Online a través do Social Club, xa que un dos obxectivos de Rockstar Games é entrecruzar os modos multixogador dos seus xogos,[36] nos que un xogador pode pertencer até cinco equipos ou crear o seu propio. O éxito nas partidas do multixogador dará ao usuario puntos de experiencia para o seu equipo, progresando así nas táboas de liderado online.[36] Grand Theft Auto Online está dispoñible dende o 1 de outubro de 2013, data a partir da cal o equipo de produción segue a producir contido para o servizo.[37][38] A finais de 2012, Rockstar afirmou que "redefinir o multixogador en mundo aberto en algo realmente moi especial" foi un dos obxectivos na produción de Grand Theft Auto V.[39][40]

Historia[editar | editar a fonte]

Sinopse[editar | editar a fonte]

A narrativa do xogo segue a tres personaxes con historias interconectadas.[41] Michael é un ex ladrón de bancos retirado duns corenta anos que vive coa súa familia disfuncional cos produtos da súa antiga vida no barrio de clase alta de Rockford Hills, baseado en Beverly Hills. Trevor, o seu antigo socio no crime, vive só nunha caravana no deserto do Condado de Blaine, onde os seus comportamentos imprudentes e psicópatas son alimentados pola drogadicción. Franklin gáñase a vida en Vespucci Beach, baseado en Venice Beach, para un concesionario de coches armenio que basea o seu negocio no timo. As tres personaxes son atraídos cara ao submundo criminal de Los Santos "na procura do todopoderoso dólar estadounidense". De acordo con Dan Houser, cada un dos protagonistas é diferente a calquera personaxe principal que apareceu nun título de Grand Theft Auto até a data. Michael representa a un protagonista que "gañou" e agora está a tratar de adaptarse á vida de despois de que a súa historia chegase á súa fin; Trevor era en principio unha personaxe secundaria que foi reconvertida ao papel de protagonista; e Franklin é alguén que non tivo unha exposición real ao mundo do crime até os acontecementos do xogo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

O 8 de novembro de 2012, a publicación estadounidense Game Informer comunicou, a través da portada da súa edición de decembro, que serían tres os protagonistas de Grand Theft Auto V,[42] a diferenza de anteriores videoxogos da serie, en que se podía elixir un entre varios personaxes principais, pero non afectaba a trama do xogo (Grand Theft Auto e Grand Theft Auto 2), ou só existía un (de Grand Theft Auto III en diante).

  • Michael, un ladrón de bancos retirado, que odia á súa esposa, xa que gasta todo o diñeiro que gañou, e non comprende aos seus dous fillos adolescentes, Jimmy, un adicto aos videoxogos, e Tracey, que sempre quere estar de festa e cos seus amigos. Atópase no programa de protección de testemuñas e na trama de GTA V é o cerebro de todos os roubos.
  • Trevor, un consumidor de drogas que no pasado utilizou as súas habilidades para pilotar e axudar a Michael a roubar bancos. Destaca unha tatuaxe que ten no pescozo que di "cut here" (do inglés: cortar aquí) xunto a unha linea descontinua e unhas tesoiras. Grazas a el desde o principio do xogo poderanse pilotar todo tipo de avións, dende helicópteros até jets. Ten aproximadamente corenta anos.
  • Franklin, duns vinte e cinco anos de idade, é un pandillero que busca un lugar entre a súa banda onde gañar respecto. Adícase xunto ao seu amigo Lamar aos embargos de coches dunha empresa, usando a violencia e a intimidación. Este personaxe no xogo outorgaranos unha habilidade de condución adicional.

Estes tres personaxes dedicaranse principalmente ao roubo de bancos usando as cualidades de cada un. Michael o que pensa o roubo, Trevor o piloto de vehículos aéreos e armas de longo alcance e Franklin o condutor de coches.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Terdiman, Daniel (17 de abril de 2012). "How Grand Theft Auto changed video games (and the world)" (en inglés). CNet. http://news.cnet.com/8301-10797_3-57414909-235/how-grand-theft-auto-changed-video-games-and-the-world/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  2. Robinson, Andy (2 de setembro de 2009). "News: Take-Two on the GTA V announcement" (en inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/222419/take-two-on-the-gta-v-announcement/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  3. Priest, Simon (16 de novembro de 2009). "Houser: City first then characters for GTA V, 1000 page script likely" (en inglés). Strategy Informer. http://www.strategyinformer.com/news/6130/houser-city-first-then-characters-for-gta-v-1000-page-script-likely. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  4. Kendall, Nigel (5 de outubro de 2010). "Rockstar rocks Star: Dan Houser full interview transcript" (en inglés). Not Times Tech. http://nottimestech.blogspot.com/2010/10/rockstar-rocks-daily-star-dan-houser.html. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  5. Ingham, Tim (27 de xullo de 2010). "News: Rockstar hiring for GTA 5?" (en inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/257289/rockstar-hiring-for-gta-5/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  6. Ivan, Tom (2 de decembro de 2010). "News: Take-Two 'won't annualise' GTA or Red Dead Redemption" (en inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/278811/take-two-wont-annualise-gta-or-red-dead-redemption/. 
  7. Purchese, Robert (23 de marzo de 2011). "Are these Grand Theft Auto V domains?" (en inglés). Eurogamer. http://www.eurogamer.net/articles/2011-03-23-are-these-grand-theft-auto-v-domains. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  8. "Possible GTA 5 Character Details Leaked" (en inglés). iGTA5.com. 29 de marzo de 2011. http://www.igta5.com/possible-gta-5-character-details-leaked. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  9. Purchese, Robert (28 de febreiro de 2011). "Grand Theft Auto V leak a "typo"" (en inglés). Eurogamer. http://www.eurogamer.net/articles/2011-02-28-grand-theft-auto-v-leak-a-typo. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  10. Gren, Chase (23 de marzo de 2011). "Rockstar Registers More Hilarious Grand Theft Auto V URLs" (en inglés). PlaystationLifestyle.net. http://playstationlifestyle.net/2011/03/23/rockstar-registers-more-hilarious-grand-theft-auto-v-urls-2/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  11. Helgeson, Matt (29 de marzo de 2011). "Another GTA V Casting Call Leaks Online?" (en inglés). Gameinformer.com. http://www.gameinformer.com/b/news/archive/2011/03/29/another-gta-v-casting-call-leaks-online.aspx. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  12. Jollar, Phil (7 de marzo de 2011). "Is Rush The Codename For Grand Theft Auto V?" (en inglés). Gameinformer.com. http://www.gameinformer.com/b/news/archive/2011/03/07/is-rush-the-codename-for-grand-theft-auto-v.aspx?PageIndex=670. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  13. Purchese, Robert (29 de marzo de 2011). "Take-Two casting-call outs GTA character" (en inglés). Eurogamer. http://www.eurogamer.net/articles/2011-03-29-take-two-casting-call-outs-gta-character. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  14. Ivan, Tom (25 de outubro de 2011). "News: Grand Theft Auto V officially announced" (en inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/323791/grand-theft-auto-v-officially-announced/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  15. Robinson, Andy (21 de xullo de 2011). "GTA V: Rockstar 'looking at A Noire face tech,' says Bondi" (en inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/312565/gta-v-rockstar-looking-at-a-noire-face-tech-says-bondi/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  16. Humphries, Matthew (25 de outubro de 2011). "Rockstar Games officially announces GTA V" (en inglés). Geek.com. http://www.geek.com/articles/games/rockstar-games-officially-announces-gta-v-20111025/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  17. "Grand Theft Auto 5 Announced". Game Crunch. http://gamecrunch.co/2011/10/25/grand-theft-auto-5-announced/. 
  18. Pakinkis, Tom (26 de outubro de 2011). "GTA V trailer countdown appears". ComputerAndVideoGames.com. http://www.computerandvideogames.com/323897/gta-v-trailer-countdown-appears/. 
  19. Ivan, Tom (26 de outubro de 2011). "GTA V reveal boosts Take-Two shares" (en Inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/323866/gta-v-reveal-boosts-take-two-shares/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  20. Pakinkis, Tom (26 de outubro de 2011). "GTA V Los Angeles rumours 'are true' - report" (en inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/323862/gta-v-os-angeles-rumours-are-true-report/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  21. Robinson, Andy (2 de novembro de 2011). "GTA 5 goes to San Andreas - Official" (en inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/324757/gta-5-goes-to-san-andreas-official/. Consultado o 15 de setembro de 2011. 
  22. Robinson, Andy (3 de novembro de 2011). "GTA 5: Los Santos confirmed, 'most ambitious Rockstar game ever'" (en inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/324860/gta-5-los-santos-confirmed-most-ambitious-rockstar-game-ever/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  23. 23,0 23,1 23,2 23,3 23,4 R* Q (30 de agosto de 2013). "GTAV Soundtrack Interviews and Details... Plus "Sleepwalking" by The Chain Gang of 1974 from the Official Trailer" (en inglés). Rockstar Games. http://www.rockstargames.com/newswire/article/51291/gtav-soundtrack-interviews-and-details-plus-sleepwalking-by-the-.html. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  24. Stuart, Keith (12 de novembro de 2012). "Grand Theft Auto V preview: the inside story" (en inglés). The Guardian. http://www.theguardian.com/technology/gamesblog/2012/nov/12/grand-theft-auto-v-preview-gta-5. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  25. 25,0 25,1 Shamoon, Evan (28 de agosto de 2013). "Inside the 'Grand Theft Auto V' Soundtrack" (en inglés). Rolling Stone. http://www.rollingstone.com/culture/news/inside-the-grand-theft-auto-v-soundtrack-20130828. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  26. 26,0 26,1 Bertz, Matt (9 de xullo de 2013). "Grand Theft Auto V Q&A: Gun Combat" (en inglés). Game Informer. http://www.gameinformer.com/games/grand_theft_auto_v/b/xbox360/archive/2013/07/09/grand-theft-auto-v-gun-combat.aspx. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  27. Game Informer (236): 72-95. decembro 2012. "Grand Theft Auto V evolves nearly every mechanic, features the biggest world in series history and introduces a new technology that radically changes the way players experience the game." 
  28. 28,0 28,1 28,2 "Grand Theft Auto V Everything is Bigger and Better" (en inglés). Destructoid. 2 de maio de 2013. http://www.destructoid.com/grand-theft-auto-v-everything-is-bigger-and-better-252852.phtml. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  29. Petit, Carolyn (2 de maio de 2013). "Grand Theft Auto V: The Making of a Great Heist Sequence" (en inglés). GameSpot. http://www.gamespot.com/features/grand-theft-auto-v-the-making-of-a-great-heist-sequence-6407826/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  30. MacDonald, Keza (9 de xullo de 2013). "What's New in the Grand Theft Auto V Gameplay Trailer" (en inglés). IGN. http://www.ign.com/articles/2013/07/09/whats-new-in-the-grand-theft-auto-v-gameplay-trailer. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  31. Hussain, Tamoor (8 de novembro de 2012). "GTA V world 'is bigger than Red Dead Redemption, San Andreas and GTA 4 combined'" (en inglés). Computer and Vídeo Games. http://www.computerandvideogames.com/377702/gta-v-world-is-bigger-than-red-dead-redemption-san-andreas-and-gta-4-combined/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  32. 32,0 32,1 Scammell, David (9 de novembro de 2012). "GTA 5 - All the Game Informer details" (en inglés). Videogamer. http://www.videogamer.com/xbox360/gta5/news/gta_5_all_the_game_informer_details.html. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  33. R* K (2 de xullo de 2013). "Asked & Answered: GTAV" (en inglés). Rockstar NewsWire. http://www.rockstargames.com/newswire/article/50871/asked-answered-gtav.html. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  34. Dawkins, Daniel (15 de setembro de 2013). "GTA Online first look: Rockstar's persistent online world is its most ambitious project in years" (en inglés). Computer and Vídeo Games. http://www.computerandvideogames.com/424264/gta-online-first-look-rockstars-persistent-online-world-is-its-most-ambitious-project-in-years/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  35. McInnis, Shaun (16 de agosto de 2013). "Why Grand Theft Auto Online is Crazy Enough to Work" (en inglés). http://au.gamespot.com/features/why-grand-theft-auto-online-is-crazy-enough-to-work-6412714/?page=1. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  36. 36,0 36,1 "Max Payne 3: Rockstar's Multiplayer Reinvention" (en inglés). 22 de marzo de 2012. http://au.ign.com/articles/2012/03/22/max-payne-3-rockstars-multiplayer-reinvention. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  37. R* Q (15 de agosto de 2013). "Watch the GTA Online Official Gameplay Vídeo" (en inglés). Rockstar Games. http://www.rockstargames.com/newswire/article/51224/watch-the-gta-online-official-gameplay-video.html. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  38. Weaver, Tim (15 de agosto de 2013). "Interview: Rockstar North president Leslie Benzies on GTA Online and GTA V" (en inglés). Computer and Video Games. http://www.computerandvideogames.com/423020/gta-v-interview-rockstar-north-president-leslie-benzies-on-gta-online/. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  39. Langshaw, Mark (14 de novembro de 2012). "'Grand Theft Auto 5' multiplayer cho 'redefine genre'" (en inglés). Digital Spy. http://www.digitalspy.co.uk/gaming/news/a438026/grand-theft-auto-5-multiplayer-to-redefine-genre.html. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  40. Helgeson, Matt (22 de marzo de 2012). "Max Payne 3's Crew System Will Carry Over To GTA V" (en inglés). GameInformer. http://www.gameinformer.com/b/news/archive/2012/03/22/max-payne-3-39-s-crew-system-will-carry-over-to-gta-v.aspx. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  41. Stuart, Keith (9 de novembro de 2012). "Grand Theft Auto 5: three lead characters, one huge map" (en inglés). The Guardian. http://www.theguardian.com/technology/gamesblog/2012/nov/09/grand-theft-auto-5-details. Consultado o 15 de setembro de 2013. 
  42. Bertz, Matt. "December Cover Revealed: Grand Theft Auto V" (en inglés). Game Informer. http://www.gameinformer.com/b/news/archive/2012/11/08/december-cover-revealed-grand-theft-auto-v.aspx. Consultado o 15 de setembro de 2013.