Graciliano Luís

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Graciliano")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Graciliano Luís
Información persoal
Nacido 1898
Lugar Tenerife
Falecido 22 de xuño de 1980
Lugar Santa Cruz de Tenerife
Posición dianteiro

Graciliano Luís, nado en Tenerife en 1898 e finado en Santa Cruz de Tenerife o 22 de xuño de 1980 foi un futbolista que xogaba na demarcación de dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar a fútbol nas Illas Canarias, especialmente no Real Unión e no CD Tenerife. Ao igual que outros compañeiros, como Espinosa e Cárdenes, ficha polo Celta de Vigo no ano 1928.

Solo xogaría no Celta dúas tempadas pero tivo ocasión de vivir un momento histórico, que foi a creación da Primeira e Segunda División, compartindo dianteira con xogadores como Polo, Reigosa, Chicha, Rogelio Tapia ou Alfredo Eguía. Nesta primeira tempada co formato de divisións estatais o Celta disputou a promoción para decidir que equipos xogarían en Primeira e cales en Segunda División, na primeira eliminatoria o Celta vencería ao Sporting de Xixón pero caeu en semifinais ante o Sevilla FC, polo cal tivo que debutar en Segunda División

Graciliano foi o primeiro xogador en marcar un gol no Estadio de Balaídos, no amigábel de inauguración ante o Real Unión de Irún, o Celta saltou ao campo con: Lilo, Cabezo, Pasarín, Paredes, Cárdenes, Vega, Reigosa, Chicha, Tapia, Polo e Graciliano. O encontro remataría con goleada céltica por 7-0, con gol de Graciliano.

Tras retirarse da practica do fútbol, Graciliano exerceu como adestrador, debutando como preparador físico do club tinerfeño Iberia no ano 1939, aínda que non durou moito, xa que presentou a súa dimisión a raíz de problemas coa disciplina dos xogadores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]