Gonzalo Fernández de Traba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGonzalo Fernández de Traba
Biografía
Nacementoséculo XII Editar o valor em Wikidata
Morte1160 Editar o valor em Wikidata
Conde de Traba
Conde de Trastámara
Conde de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Galicia Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Traba Editar o valor em Wikidata
FillosGómez González de Traba, Fernando González de Traba Editar o valor em Wikidata
PaisFernando Pérez de Traba Editar o valor em Wikidata  e Sancha González Editar o valor em Wikidata
IrmánsTeresa Fernández de Traba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Gonzalo Fernández de Traba (finado cara a 1164) foi un nobre galego, xefe da Casa de Traba, e conde de Traba, Monterroso e Trastámara[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o fillo primoxénito e sucesor de Fernando Pérez de Traba e a súa esposa Sancha González [2], polo que era neto do Conde Pedro Froilaz.

Está documentada a súa aparición escrita en 1140, xunto co seu pai, en 1144, xunto coa súa esposa Elvira Rodríguez, e en 1149, cando realiza varias doazóns ao mosteiro de Santa María de Monfero.

Ego Gundisalvus Fernandiz et coniux mea Geloria Roderiquiz, facimus textum firmitatis ut habeamus partem in prima resurrectione


Eu Gonzalo Fernández e a miña muller Elvira Rodríguez, facemos este texto perdurable para que poidamos ter parte na primeira resurrección[3]

Desde 1153 Gonzalo é considerado sucesor do seu pai, e nun documento do 12 de outubro do mesmo ano figura xa como conde en Galicia. O 9 de decembro de 1155 confirmou en Burgos un decreto de Afonso VII, facéndose chamar «Gonzalo Fernández de Trastámara». Ao ano seguinte xa é señor de Traba e Aranga (documento do 12 de febreiro), vilas ás que logo se engade as mandas de Monterroso e Trastámara. O 14 de abril de 1157 é o confirmante principal dunha escritura do mosteiro de Sobrado en Santa Eulalia de Curtis -freguesía fronteiriza con Aranga e parte do condado de Traba- como «comes domnus Gundisalvus dominante Trava et Aranga».[4] O 1 de xuño aparece nun documento similar coa denominación de «comes Gundisaluus senior in Traua et in Aranga», o 6 de novembro como «comes Gundissaluus dominator in Travaa et in Aranga» e o 26 de decembro da mesma maneira que en xuño. A fórmula repítese o 29 de xaneiro de 1159, pero o 20 de setembro de 1161 figura estrañamente o título do seu pai: «comes dompnus Fernandus in Traua et in Aranga et in Monteroso», que xunta as xurisdicións Traba-Aranga co condado de Monterroso, detentado polo seu tío Rodrigo Pérez e non por el mesmo.​ En 1157, 1159 e 1163 volve realizar importantes doazóns ao mosteiro de Monfero, ao cal, nese último ano, lle entrega a ermida e antigo mosteiro de San Isidro de Callobre. O 16 de setembro de 1158 recibiu do arcebispo e cabido compostelán a terra de Montaos en prestimonio, que antes posuíra o seu pai. O seu falecemento debeu producirse preto de finais de 1164 -o seu último documento coñecido é do 31 de decembro-​ e de maneira abrupta, pois non hai constancia dun testamento ou da clásica doazón á igrexa de Santiago para a constitución de aniversarios na basílica xacobea.

Casamento e descendencia[editar | editar a fonte]

O 1 de agosto de 1150 casou cunha certa Elvira Rodríguez, muller de orixes descoñecidas, coa que, nesa data, fixo unha doazón á abadía cisterciense de Monfero.[5] Tivo dous fillos: Fernando González de Traba e Gómez González de Traba, e dúas fillas: Urraca, que casou con Fruela Ramírez, e Aldonza, que casou con Lope Díaz I de Haro.

O 12 de xaneiro de 1156 casou con Berenguela Rodríguez, filla de Rodrigo Vélaz e Urraca Álvarez, e irmá de Álvaro Rodríguez, relacionándose así coa familia Vela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gonzalo Fernández de Traba. Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2019-01-28. 
  2. «Luis de Salazar y Castro asume, seguindo a José Pellicer de Ossau Salas y Tovar, a identidade doutra das fillas do primeiro señor da Casa de Lara, Sancha González, esposa do conde galego Fernando Pérez de Traba. Porén, actualmente sábese que esta dama era en realidade filla de Gonzalo Ansúrez e Urraca Bermúdez».Sánchez de Mora, Antonio (2003). "La nobleza castellana en la plena Edad Media: el linaje de Lara. Tese de doutoramento". Universidad de Sevilla: 70, Tomo I. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019.  Sancha González, nunha dozón que realizou ao Mosteiro de Lourenzá (doc. 154) o 24 de abril de 1142, confirma a súa filiación cando menciona o seu avó Bermudo Ovéquiz, o pai da súa nai Urraca. O seu pai, o conde Gonzalo Ansúrez era irmán do conde Pedro Ansúrez.
  3. Canal Sánchez-Pagín, José Mª (2020). "La Casa de Haro en León y Castilla durante el siglo XII. Nuevas conclusiones". Anuario de Estudios Medievales. doi:10.3989/aem.1995.v25.i1.920. 
  4. Barros, Carlos (2009). "Origen del castillo y coto de Aranga, siglos X-XII" (PDF). Cuadernos de estudios gallegos 56 (122): 139–150, para aquí véxase a p. 144. ISSN 0210-847X. 
  5. No texto da doazón di: Ego Gundisalvus Fernandiz et coniux mea Geloria Roderiquiz, facimus textum firmitatis ut habeamus partem in prima resurrectione ("Eu Gonzalo Fernández e a miña esposa Elvira Rodríguez, fecemos este texto para que poidamos ter parte na primeira resurrección"), citado en José María Canal Sánchez-Pagín (1995), "La Casa de Haro en León y Castilla durante el siglo XII: nuevas conclusiones", Anuario de estudios medievales, 25: 1-14, que data en 1145 (1183 na Era hispánica) e na páxina 15 di que Elvira é filla de Rodrigo Vélaz, e a segunda esposa de Gonzalo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Gonzalo Fernández de Traba
Nacemento: p. séc. XII Falecemento: 1160


Aristocracia galega
Precedido por
Fernando Pérez de Traba


Conde de Traba e Trastámara
1155-1160
Sucedido  por
Fernando González de Traba
Precedido por
Fernando Pérez de Traba


Conde de Galiza
1153-1160
Sucedido  por
Fernando González de Traba