Golfo de Morbihan
| Tipo | baía | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Golfo de Biscaia | |||
| Localizado na área protexida | golfo de Morbihan | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Francia | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Profundidade | 23 m | |||
| Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
| Data | 30 de xuño de 1991 | |||
| Sitio natural inscrito | ||||
| Data | 15 de abril de 1965 | |||
| Categoría IV da UICN: área de xestión de hábitat e especies | ||||
| Actividade | ||||
| Operador | Conservatorio do litoral | |||

O golfo de Morbihan (en bretón: Mor Bihan Gwened, que significa "pequeno mar") é un pequeno mar interior, situado ao sur do departamento de Morbihan, na Bretaña.
A lenda
[editar | editar a fonte]Conta a lenda que unhas fadas foron expulsadas do bosque de Brocéliande. Verteron tantas bágoas que así se creou o golfo de Morbihan. Lanzaron nel as súas coroas de flores e estas convertéronse nas illas do golfo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O golfo ten 20 km de longo e 15 km de ancho. Ábrese ao sur no océano Atlántico por unha estreita pasaxe entre as vilas de Locmariaquer e Port-Navalo, porto da vila de Arzon.
As illas
[editar | editar a fonte]No seu interior cóntanse 43 illas[1]. A maioría son de superficie moi reducida e non están habitadas, e moitas son propiedades privadas. As illas maiores son Izenah (Île-aux-Moines, illa dos monxes) e An Arzh (Île-d'Arz, illa do oso) e cada unha forma un concello. Outra das illas, Gavrinis, alberga unha galería megalítica de 14 m de lonxitude, e as pedras están recubertas de gravados. Outras illas albergan restos megalíticos, como Er-Lannic cun dobre cromlech formados por 40 menhires, parcialmente merguallados na marea alta.
Actividades
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente, a actividade económica dos habitantes tanto das illas como das ribeiras do golfo sempre estivo moi estreitamente ligada ao mar: a pesca, a colleita de moluscos, as salinas. Case todas as salinas foron transformadas no século XX en parques ostreícolas, aínda que algunhas están sendo recuperadas para a produción artesanal de sal. Máis recentemente a maior actividade económica do golfo xira en torno ao turismo.
Natureza
[editar | editar a fonte]O golfo de Morbiban constitúe unha gran reserva ornitolóxica, con todo tipo de aves tanto de estancia permanentes como en escala migratoria ou en período de cría. Desde 2008 é Reserva Nacional de Caza e de Fauna Silvestre.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A maioría dos recontos só teñen en conta as illas que se ven cando a marea está alta.
- ↑ "RNCFS". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2012. Consultado o 16 de maio de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golfo de Morbihan |
| A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vistas aéreas do golfo de Morbihan Arquivado 01 de abril de 2016 en Wayback Machine.
- Illa Gavrinis Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine.

