Golfo de Almería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vista aérea parcial

O golfo de Almería é un golfo situado na costa de Almería que se abre ao mar de Alborán. Está delimitado de oeste a leste pola punta do Moro e o cabo de Gata. Toma o nome da cidade de Almería, a máis importante da súa costa.

Destacan as súas prominentes formacións rocosas pertencentes ás cordilleiras Béticas, que dan lugar a cantís que se alternan con zonas de costa baixa. Parte do seu medio natural está integrado no Parque Natural do Cabo de Gata-Níjar.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guía del Patrimonio Natural de Almería. "Flora y Fauna". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2009. Consultado o 7 de setembro de 2009.