María Chivite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Chivite

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Cintruénigo, España Editar o valor em Wikidata
Presidencia do Goberno de Navarra
6 de agosto de 2019 –
← Uxue Barkos Berruezo
Member of the Parliament of Navarre (en) Traducir
19 de xuño de 2019 – 27 de maio de 2023
Lexislatura: 10th Parliament of Navarre (en) Traducir
Member of the Parliament of Navarre (en) Traducir
17 de xuño de 2015 – 18 de xuño de 2019
Lexislatura: 9th Parliament of Navarre (en) Traducir
Senadora de España
13 de decembro de 2011 – 16 de xuño de 2015
Member of the Parliament of Navarre (en) Traducir
13 de xuño de 2007 – 14 de maio de 2011
Lexislatura: 7h Parliament of Navarre (en) Traducir
Councilor of Cintruénigo City Council (en) Traducir
2003 – 2007 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Pública de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Partido Socialista de Navarra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesCarlos Chivite (pt) Traducir (second niece (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Facebook: maria.chivite Twitter: mavichina Editar o valor em Wikidata


María Victoria Chivite Navascués, nada en Cintruénigo[1] o 5 de xuño de 1978, é unha política navarra, presidenta do Goberno de Navarra desde agosto de 2019. É secretaria xeral do Partido Socialista de Navarra (PSN-PSOE) desde decembro de 2014 e membro do Parlamento de Navarra desde xuño de 2015. Foi senadora do PSOE por Navarra de 2011 a 2015.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Socioloxía pola Universidade Pública de Navarra e fixo un mestrado en Organización e Recursos Humanos na escola de negocios Foro Europeo, Técnica Superior en Prevención de Riscos Laborais e un posgrao en Campañas electorais en ICADE.[2]

Afiliouse ao PSN-PSOE con 20 anos e comezou a súa traxectoria política nas Juventudes Socialistas, pertencendo á executiva entre 2001 e 2005.[2] De 2005 a 2007 realizou diversos traballos relacionados coa súa formación para a Unión Xeral do Traballo.[3] De 2003 a 2007 foi concelleira no concello de Cintruénigo, e de 2011 a 2013 de Valle de Egüés.[1] Participou nas eleccións autonómicas nas listas do PSN-PSOE e ocupou un escano no Parlamento de Navarra na VII lexislatura (2007-2011), onde foi portavoz de Saúde. Tamén formou parte da VIII lexislatura (2011-2012).

En novembro de 2011 foi elixida senadora por Navarra, asumindo a portavocía da Comisión de Sanidade e Servizos Sociais. Nas primarias do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) celebradas en xuño de 2014 apoiou a Eduardo Madina,[2] e en setembro de 2014 Pedro Sánchez, xa na secretaría xeral do PSOE, confioulle a portavocía do grupo socialista no Senado,[4] cargo que ocupou até xuño de 2015.[5]

En 2012 incorporouse á executiva do PSN-PSOE, na que foi secretaria da Área de Políticas Sociais e secretaria de Saúde. En outubro de 2014 foi elixida candidata á presidencia do Goberno de Navarra nun proceso de primarias,[6] e en decembro foi proclamada secretaria xeral do PSN-PSOE no congreso extraordinario.[7]

En maio de 2018 foi proclamada candidata á presidencia do Goberno de Navarra no contexto da celebración das eleccións ao Parlamento de Navarra de maio de 2019 tras concorrer en solitario a un proceso de primarias.[8] O 2 de agosto de 2019 foi elixida presidenta por maioría simple cos votos de PSN-PSOE (11), Geroa Bai (9), Podemos (2) e Izquierda-Ezkerra (1) e a abstención de cinco dos sete diputados de EH Bildu.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "María Chivite Navascués". www.psn-psoe.org. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Sánchez ficha María Chivite, una chica de Madina para ser la portavoz del Senado". La Información. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  3. Aritz Intxusta (31 de xullo de 2019). "EH Bildu ha sellado el futuro de una aspirante sin pasado fuera del PSOE". Gara. 
  4. José Luis Sastre (8 de setembro de 2014). "María Chivite será la portavoz del PSOE en el Senado". Cadena SER. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2014. Consultado o 19 de outubro de 2019. 
  5. "Ficha del Senado". www.senado.es. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  6. "María Chivite gana las primarias del PSOE en Navarra con el 58% de los votos". elDiario.es. 19 de outubro de 2014. 
  7. "María Chivite, proclamada secretaria general del PSN". Deia. 13 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 19 de outubro de 2019. 
  8. "María Chivite es proclamada oficialmente candidata del PSN a la presidencia del Gobierno de Navarra". Europa Press. 5 de maio de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  9. Ramón Sola; Ibai Azparren (2 de agosto de 2019). "María Chivite (PSN) ya es presidenta de Nafarroa con la abstención de EH Bildu". Naiz.