Uxue Barkos
Uxue Barkos | |
---|---|
![]() |
|
Miren Uxue Barkos Berruezo | |
![]() Presidenta de Navarra |
|
Período | 20 de xullo de 2015 |
Antecesor | Yolanda Barcina |
Datos persoais | |
Nacemento | 5 de xullo de 1964 |
Lugar | Pamplona, ![]() |
Organización | Nafarroa Bai Geroa Bai |
Profesión | Xornalista |
Miren Uxue Barkos Berruezo,[1] nada en Pamplona o 5 de xullo de 1964, é a actual presidenta do Goberno de Navarra.[2] Defínese a si mesma como progresista, vasquista,[3] abertzale e independentista.[4] Deputada no Congreso de 2004 a 2015 (durante as lexislaturas VIII e IX en representación de Nafarroa Bai, e durante a X Lexislatura en representación de Geroa Bai), tamén foi voceira de Nafarroa Bai no Concello de Pamplona dende 2007 até 2015. Dende setembro de 2011 lidera a asociación Zabaltzen, integrada na coalición Geroa Bai pola que foi elixida deputada nas eleccións ao Parlamento de Navarra de 2015.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou na ikastola San Fermín. É Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, e está casada e ten un fillo.
Traballou como locutora en RNE e TVE en Navarra, no xornal Navarra Hoy e en 1990 en Euskal Telebista (ETB), onde ten realizado labores de redacción na súa corresponsalía de Pamplona, posteriormente no centro de Informativos de Iurreta e até recentemente na corresponsalía de ETB en Madrid.
É deputada por Navarra elixida nas listas da coalición nacionalista vasca Nafarroa Bai ('Navarra Si' en éuscaro), aínda que no Congreso dos Deputados está integrada no grupo mixto.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Casa Real
- ↑ V, A (20 de xullo de 2015). "Nafarroa estrea presidenta vasquista e bota o fecho a 20 anos de dereita". Sermos Galiza. Consultado o 21 de xullo de 2015.
- ↑ Barkos: "Seré la voz de los navarros vasquistas y progresistas", Deia, 20 de decembro de 2011.
- ↑ Entrevista a Uxue Barkos, Gara, 11 de novembro de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|