Íñigo Melchor Fernández de Velasco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1629 Madrid, España |
Morte | 29 de setembro de 1696 (67 anos) Madrid, España |
Gobernador dos Países Baixos | |
1668 – 1670 | |
Gobernador de Milán | |
30 de setembro de 1647 – xuño de 1648 | |
Embaixador do Reino de España no Reino de Inglaterra | |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, militar |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de Terra de España |
Rango militar | Xeneral |
Outro | |
Título | Duque |
Fillos | Francisco Antonio Fernández de Velasco y Tovar, María Remigia Fernández de Velasco |
Pais | Bernardino Fernández de Velasco y Tovar e Isabella Maria de Guzmán y Guzmán |
Irmáns | Francisco Baltasar de Velasco |
Íñigo Melchor de Velasco, nado en Madrid o 16 de abril de 1635 e finado o 29 de setembro de 1696, foi un aristócrata castelán, VI Duque de Frías e Condestable de Castela, que desempeñou o cargo de Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia entre 1658 e 1661.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo primoxénito de Bernardino Fernández de Velasco y Tovar, de quen herdou os títulos nobiliarios de VII duque de Frías, IV marqués de Berlanga e IX conde de Haro e o emprego de Condestable de Castela, e da súa muller Isabel María de Guzmán y Guzmán.[1]
Seguiu a carreira militar e participou co grado de xeneral na guerra de Cataluña baixo as ordes de Xoán Xosé de Austria, e na guerra de separación de Portugal como Capitán Xeneral de Galicia.
Entre 1668-69 desempeñou o cargo de gobernador dos Países Baixos españois, posto que deixou para regresar a España en calidade de conselleiro de estado e de guerra. En 1671 foi nomeado Presidente do Consello de Ordes, e catro anos despois do Consello Supremo de Flandres. En 1676 foi designado Mordomo maior do rei Carlos II.[2]
Matrimonios e descendencia
[editar | editar a fonte]Casado primeira vez con Josefa Jacinta Fernández de Córdoba y Figueroa, nada en Montilla o 19 de setembro de 1627 e finada en 1664, filla de Alonso Fernández de Córdoba e Enríquez de Ribeira, V marqués de Priego, e da súa muller e curmá Juana Enríquez de Ribeira e Téllez-Girón, sen descendencia.
Casado segunda vez con María Teresa de Benavides Dávila y Corella (c. 1640 - 1702), filla de Diego de Benavides da Cueva e Bazán, VIII conde de Santisteban do Porto, e da súa muller Antonia Dávila e Corella, VII marquesa das Navas, X condesas de Consentayna, e viúva, casada o 22 de xullo de 1660, de Luís Ramón Folch de Cardona de Aragón y Fernández de Córdova, VI duque de Segorbe etc, de quen tivo dous fillos e unha filla:
- José Fernández de Velasco y Tovar, VIII duque de Frías, V marqués de Berlanga, X conde de Haro
- María del Pilar Fernández de Velasco y Benavides, casada con Francisco María de Paula Téllez-Girón y Benavides, VI duque de Osuna, X conde de Ureña
- Íñigo Fernández de Velasco y Benavides
Fóra do matrimonio tivo un fillo:
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Íñigo Melchor Fernández de Velasco |
Predecesor: Bernardino Fernández de Velasco y Tovar |
Condestable de Castela |
Sucesor: José Fernández de Velasco y Tovar |
Predecesor: Luigi Poderico |
Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia 1666 - 1668 |
Sucesor: Pedro José de Zúñiga Enríquez |
Predecesor: Francisco de Moura Corterreal |
Gobernador dos Países Baixos 1668 - 1670 |
Sucesor: Juan Domingo de Zúñiga y Fonseca |
Predecesor: Pedro Portocarrero y Aragón |
Presidente do Consello de Órdenes 1671 - 1675 |
Sucesor: Gaspar Téllez-Girón y Sandoval |