Saltar ao contido

Gloria Anzaldúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGloria Anzaldúa

(1990) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Gloria Evangelina Anzaldúa Editar o valor en Wikidata
26 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Rio Grande Valley Editar o valor en Wikidata
Morte15 de maio de 2004 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Santa Cruz Editar o valor en Wikidata
Causa da mortediabetes mellitus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaValle De La Paz Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNorte da Califórnia (pt) Traducir (1985–)
Brooklyn (1982–1985)
Área da baía de São Francisco (pt) Traducir (1977–1981)
Santa Cruz Editar o valor en Wikidata
EducaciónEdinburg High School (en) Traducir (–1962)
University of Texas–Pan American (en) Traducir
University of Texas Rio Grande Valley (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, novelista, filósofa, teórica queer, xornalista, crítica literaria, escritora de literatura infantil, poetisa, feminista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California
Universidade Estatal de San Francisco Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopedia of women in the American West (2003 ed.), (sec:Anzaldua, Gloria E. (1942-), p.11-14)
Latinas in the United States: A Historical Encyclopedia
American Women Writers Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1464322 WikiTree: Anzaldúa-10 Find a Grave: 46065607 Editar o valor en Wikidata

Gloria Evangelina Anzaldúa, nada en Valle del Río Grande o 26 de setembro de 1942 e finada en Santa Cruz (California) o 15 de maio do 2004, foi unha académica, activista política, feminista, escritora e poeta estadounidense.[1][2][3][4][5][6]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Gloria Anzaldúa nace no Valle de Texas, Estados Unidos o 26 de setembro de 1942, filla de Urbano e Amalia Anzaldúa. Ós once anos, a súa familia trasládase a Hargill, Texas. Ós catorce anos, sofre a morte do seu pai. Anzaldúa pode lograr unha educación universitaria a pesar do racismo, sexismo e outras formas de opresión que ela experimenta na súa vida como unha texana de sétima xeración. Recibe o seu grao na Universidade de Texas-Panamericana, e a súa mestría da Universidade de Texas en Austin.

Anzaldúa traballa uns anos como mestra de escola antes de ir a Austin para obter a súa mestría, tamén completa os seus estudos de doutoramento en literatura comparativa na Universidade de Texas en Austin. En 1977 múdase a California onde fai os seus escritos, traballa como catedrática na Universidade Estatal de San Francisco; a Universidade de California en Santa Cruz; a Universidade Atlántica de Florida; e outras. Ela é a máis famosa coautora de This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Color (1981) con Cherríe Moraga, autora de Making Face, Making Soul/Facendo Caras: Creative and Critical Perspectives by Women of Color (1990), e coautora de This Bridge We Call Home: Radical Visions for Transformation (2002). Tamén escribe Borderlands/La Frontera: The New Mestiza en 1987. Entre os seus libros para nenos Prietita Has a Friend (1991), Friends from the Other Side - Amigos del Otro Lado (1993), Prietita y la Llorona (1996). Anzaldúa tamén escribe moitos traballos de ficción e poesía. Os seus traballos móvense entre inglés e español ó mesmo tempo para converxer nunha soa lingua. En Borderlands identifícase con múltiples identidades. A súa autobiografía "La prieta," publícase en inglés na obra This Bridge Called My Back.

Anzaldúa contribuíu coa definición de feminismo, así como tamén na área cultural da teoría chicana e queer (lesbianas e gais). Unha contribución moi especial foi a introdución do termo mestizaxe para o público estadounidense, que significa a concepción do estado de estar 'máis aló'. Nos seus traballos teóricos, Anzaldúa invoca unha nova mestiza (“new mestiza”), que ela describe como un suxeito consciente dos seus conflitos de identidade e usa o termo o novo ángulo de visión (“new angles of vision”) co fin de retar o pensamento binario en Occidente. O modo de pensar da “new mestiza” atópase ilustrado no feminismo post-colonial.

  • This Bridge Called My Back: Writings by Radical Women of Color (1981)
  • Borderlands/La Frontera: The New Mestiza (1987)
  • Making Face, Making Soul/Haciendo Caras: Creative and Critical Perspectives by Feminists of Color (1990)
  • Interviews/Entrevistas (2000)
  • This Bridge We Call Home: Radical Visions for Transformation (2002)

Libros infantís

[editar | editar a fonte]
  • Prietita Has a Friend (1991)
  • Friends from the Other Side -Amigos del Otro Lado (1995)
  • Prietita y La Llorona (1996)
  1. ↑ Hub Hermans; Francisco Lasarte. Literatura chicana (en español) (Volumen 9 de Foro hispánico ed.). Rodopi. ISBN 9051838735. (Pag. 89)Enlace en Google Books
  2. ↑ Sexualidades transgresoras: una antología de estudios queer (en español) (Mujeres y culturas ed.). Icaria Editorial. ISBN 8474265622. (Pag. 38)Enlace en Google Books
  3. ↑ El color de las sombras (en español) (ilustrada ed.). Universidad Iberoamericana. ISBN 9688565180. (Pag. 109)Enlace en Google Books
  4. ↑ Preciado, Beatriz. "Multitudes queer.".
  5. ↑ Simons, Sarah. "Cruce de caminos". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 05 de xuño de 2018.
  6. ↑ "Tristes noticias: ha muerto Gloria Anzaldúa". Consultado o 17 de decembro de 2023.