Giulio Cesare Aranzi
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1530 Boloña, Italia |
| Morte | 7 de abril de 1589 Boloña, Italia |
| Educación | Universidade de Boloña Universidade de Padua |
| Actividade | |
| Ocupación | médico, cirurxián, profesor universitario, neurocientífico, anatomista |
| Empregador | Universidade de Boloña |
| Profesores | Bartolomeo Maggi (en) |
| Alumnos | Gaspare Tagliacozzi (pt) |
| Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Medvik >>>:Aranzio, Giulio Cesare, 1530-1589, |
Giulio Cesare Aranzi, nado en Boloña en 1530 e finado en 1589, tamén coñecido como Giulio Cesare Aranzio, Julius Caesar Aranzi e Arantius, foi un médico e anatomista italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballou como mestre en Boloña e Padua e foi o médico persoal do papa Xulio III.
Foi unha figura moi relevante no campo da anatomía e describiu por primeira vez un gran número de peculiaridades anatómicas dos fetos, en particular o conduto de Aranzi que une a vea umbilical e a vea cava inferior.[1] É pioneiro nas descricións anatómicas en relación cos procesos patolóxicos.
Traballos publicados
[editar | editar a fonte]- De humano foetu opusculum, Roma, 1564; 32: De formato foetu. Bononiae, J. Rubrius, 1564; Venecia, 1571; Basilea, 1579.
- De tumoribus secundum locus affectum. Boloña, 1571.
- In Hippocrates librum de vulneribus capitis. Leiden, 1580.
- Observationes anatomicae. Basilea, 1579; Venecia 1587.
Estes traballos foron publicados xuntos en 1587 en Venecia:
- De tumoribus prater naturam secundum locos affectus liber.
- De humano foetu liber.
- Anatomicarum observationum liber.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Giulio Cesare Aranzi". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giulio Cesare Aranzi |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Who Named It? Arquivado 31 de marzo de 2022 en Wayback Machine.