Giambologna
Nome orixinal | (fr) Jean de Boulogne |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1529 Douai, Francia |
Morte | 13 de agosto de 1608 (78/79 anos) Florencia, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura, arquitectura e Manierismo |
Ocupación | escultor, arquitecto, artista visual |
Movemento | Manierismo |
Profesores | Jacques Dubrœucq |
Alumnos | Hans Mont (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Giambologna, 278) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Джамболонья) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Giambologna, sobrenome italianizado de Jean de Boulogne, nado en Douai en 1529[1] e finado en Florencia en 1608, foi un escultor flamengo, que traballou en Italia, especialmente en Florencia. En España foi coñecido, en tempos como Juan de Bolonia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado no seu país, Flandres, na cidade de Anveres, no obradoiro do escultor Jacques Dubroeucq,[2] no 1550 marchou para Roma, con obxectivo de estudar as estatuas antigas conservadas en coleccións privadas e máis as obras de Miguelánxelo. Precisamente o contacto coa arte do grande artista italiano fixo desenvolver no mozo flamengo a propensión a representacións de figuras con forte tensión dinámica.
Á volta da súa viaxe, Giambologna detívose en Florencia, sendo hospedado polo mecenas Bernardo Vecchietti. Nesta cidade estudou as esculturas de Tribolo e dr Pierino da Vinci e foi presentado por Vecchietti na corte de Francesco I de' Medici.
Nos primeiros anos de traballo para os Medici, que lle pagaron un salario mensual desde 1561, Giambologna realizou esculturas para espectáculos públicos e mais obras de pequeno tamaño, en mármore e bronce, para coleccións.
Logo de participar no concurso para a Fonte de Neptuno na Praza da Signoria (gañado por Ammannati), realizou a súa primeira obra de notábeis dimensións Sansón e un filisteo.
Outras cidades italianas confiáronlle importantes comandas públicas, tales Lucca, Xénova e Boloña.
Il Giambologna foi o máis importante dos escultores da época do maneirismo e o grande legado que deixou na cidade de Florencia fixo que a súa maneira fose seguida bastante tempo despois da súa morte.
Obras (selección)
[editar | editar a fonte]- Sansón e un filisteo (ca. 1562-67), Victoria and Albert Museum, Londres;
- Mercurio (1563), Museo Cívico, Boloña;
- Fonte de Neptuno (1563-1566) Boloña, Praza Maior;
- Simio (1570), Louvre, París;
- Psiche (nomeada tamén Betsabé), (1571-73), Museo Paul Getty, Os Ánxeles;
- Fonte de Océano (1575), Florencia;
- Neso e Deianira (1576), Louvre, París;
- Rapto das Sabinas (1574-80), Loggia dei Lanzi, Florencia;
- Marte (1565-70), Hall e Knight, Nova York;
- San Xoán Bautista (1579-1589) Capela Salviati, San Marco, Florencia;
- Mercurio (1580), Bargello, Florencia;
- O anano Morgante e o un monstro mariño (1582), Bargello, Florencia;
- Estatua ecuestre de Cosimo I (1587-94), Praza da Signoria, Florencia;
- Xustiza (1579-90), Galería Nacional do Palazzo Spinola, Xénova;
- Rapto dunha Sabina (1579), Museo de Capodimonte, Nápoles;
- Hércules e o centauro Neso (1599), Loggia dei Lanzi, Florencia;
- Touro (1580-1600), Rijksmuseum, Ámsterdam.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Rapto dunha Sabina, Florencia, Loggia della Signoria
-
Monumento ecuestre de Cosimo I, Florencia, Piazza della Signoria
-
Fonte de Neptuno, Boloña
-
Hércules e Neso, Florencia, Loggia della Signoria
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O seu nacemento sitúase xa no c. 1524; véxase Lawrence Gowing, ed., Biographical Encyclopedia of Artists, v.2 (Facts on File, 2005): 257.
- ↑ R. Wellens, Jacques du Broeucq, sculpteur et architecte de la renaissance (Brussels) 1962
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giambologna |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- A. Rudigier, B. Truyols: Giambologna. Court Sculptor to Ferdinando I. His art, his style and the Medici gifts to Henri IV, Londres, 2019, ISBN 978-1-912168-14-9.
- Gloria Fossi, et al., Italian Art, Florencia, Giunti Gruppo Editoriale, 2000, ISBN 978-1-912168-14-9.
- Giambologna, 1529–1608: sculptor to the Medici: an exhibition organised by the Arts Council of Great Britain etc., catálogo editado por Charles Avery e Anthony Radcliffe. Londres, Arts Council of Great Britain, 1978, ISBN 0-7287-0180-4.