Germán Caamaño Solar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGermán Caamaño Solar
Biografía
Nacemento1885 Editar o valor em Wikidata
Negreira, España Editar o valor em Wikidata
Morte1976 Editar o valor em Wikidata (90/91 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Germán Caamaño Solar, nado en Negreira en 1885 e finado en Santiago de Compostela en 1976, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Caamaño García e Manuela Solar, estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Médico e inspector de Sanidade en Negreira e Santiago de Compostela. Dirixiu o balneario Acuña de Caldas de Reis e o dos Ánxeles (Brión). Foi profesor auxiliar de Fisioloxía na Universidade Compostelá no curso 1922-23.

Colaborou en La Federación de Negreira y Baña con temas de hipnotismo e educación infantil, en El Ideal Gallego e publicou tamén sobre temas de hidroloxía galega, en Galicia Clínica (1929). Escritor afeccionado a temas filosóficos, publicou o libro de ensaios Luz en tu sombra (1948) co pseudónimo Xherman Kmam.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era tío de José e Carlos Reino Caamaño. Casou na Coruña en 1921 con Emilia Suevos de la Cruz, filla do comerciante coruñés Félix Suevos Rodríguez[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Orzán, 16-4-1921, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]