Georgii Vladimov
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2014.) |
Georgii Vladimov | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1931 |
Khárkiv, RSS Ucraína | |
Falecemento | 19 de outubro de 2003 |
Frankfurt, Alemaña | |
Soterrado | Peredelkino Cemetery |
Nacionalidade | Unión Soviética e Rusia |
Alma máter | Faculty of Law, Saint Petersburg State University |
Ocupación | escritor, xornalista, novelista, crítico literario, historiador e Disidencia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Georgii Nikolaevich Vladimov, nado como Georgii Nikolaevich Volosevich (en ruso: Георгий Николаевич Владимов / Волосевич) en Khárkiv o 19 de febreiro de 1931 e finado en Frankfurt o 19 de outubro de 2003, foi un escritor e xornalista soviético disidente.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na República Socialista Soviética de Ucraína no seo dunha familia de intelectuais, estudou Dereito na Universidade Estatal de Leningrado, obtendo o título cum laude en 1953. Comezou en 1954 a súa actividade literaria, principalmente no xornalismo e crítica literaria e teatral, colaborando coas revistas Novyi Mir (O novo mundo), Literaturnaia gazeta (O xornal literario) e Teatr (Teatro).
Durante os anos sesenta achégase á prosa con Bolshaia ruda(A vea grande). A súa obra máis famosa é Vernyi Ruslan (O fiel Ruslán), unha sátira sobre o gulag a través do punto de vista dun can gardián. Para sortear á censura foi impreso de forma clandestina, e apareceu antes legalmente en Alemaña que en Rusia. Desde 1961 foi membro da Unión de Escritores Soviéticos, pero saíu dela en 1977. En 1969 comezou a ter problemas cos apparatchik literarios pola súa novela Tri minuty molchaniia (Tres minutos de silencio), publicada logo integramente e sen censura en 1982 en Alemaña.
Debido a que ocupou a presidencia do comité de Amnistía Internacional en Moscova, foi perseguido e espiado constantemente polo KGB. Emigrou a Alemaña en 1977 logo de entrar en contacto cos exiliados rusos neste país, mais en 1984 foille anulada a cidadanía soviética (puido obter a cidadanía rusa só no ano 2000). Desde o seu exilio dirixiu a revista Gradi (Facetas), mais a deixou con polémica en 1986 logo de acusar ao editor de ser máis censor que os soviéticos. Coa súa novela General i ego armiia (O xeneral e a súa armada) gañou en 1995 o Premio Booker ruso.
Obras[editar | editar a fonte]
Novelas[editar | editar a fonte]
- Большая руда ("Bolshaia ruda", A gran vea), 1961
- Верный Руслан ("Vernyi Ruslan", O fiel Ruslán), 1964
- Три минуты молчания ("Tri minuty molchaniia", Tres minutos de silencio), 1969
- Шестой Солдат ("Shestoi Soldat", O sexto soldado), 1981
- Не обращайте вниманья, маэстро ("Ne obrashchaite vnimania, maestro", Non prestas atención, mestre), 1982
- Генерал и его армия ("General i ego armiia", O xeneral e a súa armada), 1994