George Singleton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Singleton
Posición Pivote
Altura 2,02 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Nacemento 9 de xullo de 1961 (62 anos)
Kershaw, Carolina do Sur
Carreira
Tempadas 19841994
Universidade Furman
Equipo(s)
Estatísticas (ACB)
Puntos     4259 (17,0 pp)
Rebotes     1978 (7,9 pp)
Tapóns     588 (2,3 pp)
Premios

George Wilfard Singleton Jr., coñecido como George Singleton, nado o 9 de xullo de 1961 en Kershaw, Carolina do Sur, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Formado na universidade de Furman xogou na LEGA, na HEBA e na ACB. Cunha altura de 2,02 metros destacou por ser un dos mellores taponadores da historia da ACB.

Cómpre destacar que é un dos poucos xogadores que conseguiu unha tripla-dobre na liga ACB, facendo o 12 de febreiro de 1994 23 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns, nunha vitoria por 84 a 82 do TDK Manresa sobre o Taugrés.[1][2] Está tamén considerado como un dos mellores "matadores" da historia da ACB.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estatísticas TDK-Taugrés 12/2/1994". Arquivado dende o orixinal o 14/04/2013. Consultado o 18/05/2010. 
  2. "Momentos estelares, as triplas-dobres". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  3. Os 50 mellores matadores

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]