George Peppard
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de outubro de 1928 Detroit, Estados Unidos de América |
Morte | 8 de maio de 1994 (65 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | pneumonía cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | Míchigan |
Educación | Universidade de Purdue (pt) Carnegie Institute of Technology (en) Dearborn High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor de televisión, actor de teatro, director de cinema, actor de cinema, produtor de cinema |
Período de actividade | 1951 - |
Xénero artístico | Wéstern |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
Familia | |
Cónxuxe | Sherry Boucher (1975–1979), divorcio Elizabeth Ashley (1966–1972), divorcio |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
George Peppard, nado o 1 de outubro de 1928 en Detroit e finado o 8 de maio de 1994 nos Ánxeles, foi un actor de cine e televisión estadounidense.
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu en Detroit con ese mesmo nome. A súa nai foi cantante de ópera e o seu pai construtor. Logo de terminar o colexio Peppard realizou o servizo militar na artillaría naval. Inicialmente estudou enxeñería civil, probablemente pensando en traballar máis adiante na empresa do seu pai. Ao mesmo tempo realizou todo tipo de traballos, desde taxista, disc-jockey e empregado de banca ata mecánico de motocicletas. A continuación matriculouse na universidade de Carnegie Mellon, onde estudou Belas Artes. Neses anos morreu o seu pai, deixando un proxecto de construción inacabado. O novo Peppard púxose á fronte e terminouno.
Logo dos seus estudos universitarios Peppard decidiu ser actor e quixo prepararse para iso, ao non ter confianza no seu atractivo físico para ter éxito. Estudou na prestixiosa escola de interpretación Actor's Studio de Nova York. Terminada a súa formación comezou a traballar en películas de televisión e no teatro, tamén en Broadway. A súa primeira película para o cine fíxoa en 1957, onde repetía un papel que xa interpretara en Broadway. A súa popularidade foi en aumento nas seguintes películas, sobre todo cando interveu en Breakfast at Tiffany's xunto con Audrey Hepburn. As seguintes películas tamén tiveron éxito, especialmente The Carpetbaggers, coprotagonizada por Alan Ladd.
Comezou a estar menos solicitado polos produtores e os estudos, de forma que tivo que intervir en películas de menor interese. A serie de televisión Banacek, que se realizou en 1972 e 1973, converteuno por un tempo novamente nun actor admirado, pero a súa carreira cinematográfica continuou sendo decadente. En 1978 debutou na dirección con Five Days From Home, película que tivo unha boa acollida. No entanto, Peppard non se mostrou interesado en repetir a experiencia e dedicouse principalmente ás películas e series de televisión. Entre 1983 e 1987 conseguiu unha vez máis un considerable éxito coa serie de televisión O Equipo A, produción que o fixo popular entre a mocidade dos países onde a emitiron.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Peppard estivo casado en cinco ocasións, e foi pai de tres rapaces:
- Helen Davies (1954–1964): dous nenos, Bradford e Julie
- Elizabeth Ashley (1966–1972), a súa co-protagonista en The Carpetbaggers: un fillo, Christian
- Sherry Boucher-Lytle (1975–1979)
- Alexis Adams (1984–1986)
- Laura Taylor (1992–1994)
Peppard deixou de beber en 1978 e pasou os últimos anos da súa vida tratando de axudar a outros alcohólicos a recuperarse.
Logo dunha vida de fumador, en 1992 diagnosticáronlle cancro de pulmón e posteriormente deixouno. A súa quinta esposa e "fan número un", Laura Taylor, coñeceuno e casou con el pouco despois de ser diagnosticado do cancro terminal, e coidouno os seus últimos 18 meses. O cancro nunca impediu que Peppard se retirara da actuación, deixando así un proxecto piloto para unha nova serie en 1994 (un spin-off de Matlock) pouco antes do seu pasamento.
Morreu nos Ánxeles das complicacións xurdidas no tratamento da súa enfermidade.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1956 | The United States Steel Hour | Piney Woods | TV: Bang the Drum Slowly |
1956–57 | Kraft Television Theatre | TV: The Long Flight Flying Object at Three O'Clock High | |
1957 | The Kaiser Aluminum Hour | Lynch | TV: A Real Fine Cutting Edge |
1957 | Studio One | TV: A Walk in the Forest | |
1957 | The Alcoa Hour | Eddie Pierce | TV: The Big Build-Up |
1957 | The Strange One | Cadet Robert Marquales | |
1957 | Alfred Hitchcock Presents | Evan Wallace | TV: The Diplomatic Corpse |
1957–58 | Matinee Theatre | TV: End of the Rope, Part 1 End of the Rope, Part 2 Aftermath | |
1958 | Suspicion | Lee | TV: The Eye of Truth |
1958 | Hallmark Hall of Fame | Dennis Walsh | TV: Little Moon of Alban |
1959 | Pork Chop Hill | Cpl. Chuck Fedderson | |
1960 | Home from the Hill | Raphael "Rafe" Copley | |
1960 | Startime | Pat Lawrence | TV: Incident at a Corner |
1960 | The Subterraneans | Leo Percepied | |
1961 | Breakfast at Tiffany's | Paul Varjak | |
1962 | How the West Was Won | Zeb Rawlings | |
1963 | The Victors | Cpl. Chase | |
1964 | The Carpetbaggers | Jonas Cord | |
1964 | Theatre of Stars | Buddy Wren | TV: The Game with Glass Pieces |
1965 | Operation Crossbow | Tte. John Curtis | |
1965 | The Third Day | Steve Mallory | |
1966 | The Blue Max | Tte. Bruno Stachel | |
1967 | Tobruk | Capt. Kurt Bergman | |
1967 | Rough Night in Jericho | Dolan | |
1968 | P.J. | P.J. Detweiler | |
1968 | What's So Bad About Feeling Good? | Pete | |
1968 | House of Cards | Reno Davis | |
1969 | Pendulum | Capt. Frank Matthews | |
1970 | The Executioner | John Shay | |
1970 | Cannon for Cordoba | Capt. Red Douglas | |
1971 | One More Train to Rob | Harker Fleet | |
1972 | The Bravos | Major John David Harkness | Película para TV |
1972 | The Groundstar Conspiracy | Tuxan | |
1972–74 | Banacek | Thomas Banacek | |
1974 | Newman's Law | Vince Newman | |
1975 | The Week of Fear | Dr. Jake Goodwin | Película para TV |
1975 | Guilty or Innocent: The Sam Sheppard Murder Case | Dr. Samuel Sheppard | Película para TV |
1975–76 | Doctors' Hospital | Dr. Jake Goodwin | |
1977 | Damnation Alley | Maj. Eugene Denton | |
1979 | Five Days from Home | T.M. Pryor | Tamén director e produtor |
1979 | Crisis in Mid-Air | Nick Culver | Película para TV |
1979 | From Hell to Victory | Brett Rosson | |
1979 | Torn Between Two Lovers | Paul Rasmussen | Película para TV |
1980 | Battle Beyond the Stars | Cowboy | |
1981 | Race for the Yankee Zephyr | Theo Brown | |
1981 | Your Ticket Is No Longer Valid | Jim Daley | |
1982 | Twilight Theatre | Película para TV | |
1982 | Jugando con la muerte | McFadden | |
1983–87 | The A-Team | John "Hannibal" Smith | |
1984 | Tales of the Unexpected | Sgt. Guedo | TV: The Dirty Detail |
1988 | Man Against the Mob | Frank Doakey | Película para TV |
1989 | Zwei Frauen | Mr. Martin | |
1989 | Man Against the Mob: The Chinatown Murders | Frank Doakey | Película para TV |
1990 | Night of the Fox | Col. Harry Martineau/Max Vogel | Película para TV |
1992 | The Tigress | Sid Slaughter | |
1994 | Matlock | Max Morgan | TV: The P.I. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Peppard |