George Ogden Abell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Ogden Abell
Nacemento1 de marzo de 1927
Lugar de nacementoOs Ánxeles
Falecemento7 de outubro de 1983
Lugar de falecementoEncino
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterInstituto Tecnolóxico de California e Van Nuys High School
Ocupaciónastrónomo e catedrático
PremiosFellow of the Committee for Skeptical Inquiry
editar datos en Wikidata ]

George Ogden Abell, nado o 1 de marzo de 1927 e finado o 7 de outubro de 1983, foi un astrónomo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Instituto Tecnolóxico de California, comezou a súa carreira astronómica como observador na Palomar Sky Survey[1]. A súa obra máis coñecida é o seu catálogo de cúmulos de galaxias, realizado a partir do Palomar Sky Survey. Abell analizou a súa formación e evolución, demostrou a existencia de cúmulos de segunda orde, rexeitando o modelo xerárquico de Carl Charlier e foi o punto de partida para o estudo detallado deses obxectos [2]. Abell tamén descubriu que a luminosidade dos cúmulos se podía utilizar como indicador de distancia.

O catálogo Abell, publicado por Abell en 1.958, recollía os cúmulos do Hemisferio Norte, 2.712 en total. Un catálogo máis completo realizouno en colaboración con Harold G. Corwin e Ronald P. Olowin, aínda que non se publicou ata 1.989, despois da súa morte.

Abell tamén foi o codescubridor, xunto a Robert G. Harrington, do cometa periódico 52P/Harrington-Abell. En colaboración con Peter Goldreich, determinou correctamente que as nebulosas planetarias proviñan de xigantes vermellas.

Abell serviu durante vinte anos como membro do Summer Science Program para estudantes de secundaria e participou na produción das series educativas de televisión Understanding Space and Time e Project Universe. Foi presidente da comisión de cosmoloxía da Unión Astronómica Internacional e da Sociedade Astronómica do Pacífico, e director do departamento de astronomía da UCLA (1.968-1.975) e do comité de educación da American Astronomical Society.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Abell, George, "Exploration of the Universe", Holt, Rinehart and Winston (1964)
  • Abell, G.O., Morrison, D. e Wolff, S.C., Exploration of the Universe, Saunders College Pub; 6th/Rev edition (febreiro, 1993) ISBN 0-03-094666-2
  • Abell, G.O., Wolff, S.C. e Morrison, D., Realm of the Universe, Saunders College Publishing; 5th ed., 1994 edition (xaneiro de 1994) ISBN 0-03-001664-9
  • Abell, G.O., Singer, B., Science and the Paranormal: Probing the Existence of the Supernatural, Scribner Book Company; (1981)) ISBN 0-684-17820-6
  • Abell, G.O., A catalog of rich clusters of galaxies, American Astronomical Society (1989) ASIN B000726Y06

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mark H. Jones, Robert J. Lambourne e David John Adams An Introduction to Galaxies and Cosmology, Cambridge University Press, 2004, páxina 173
  2. Mark H. Jones, Robert J. Lambourne e David John Adams, páxina 173