George Francis Hampson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSir Editar o valor em Wikidata
George Francis Hampson
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1860
Marylebone, Cidade de Westminster, Gran Londres
Morte15 de outubro de 1936
Maidstone, capital do Condado de Kent
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
EducaciónUniversidade de Oxford
Actividade
Ocupaciónentomólogo
EmpregadorMuseo de Historia Natural de Londres, Museo Británico
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaHampson Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBaronete (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMinnie Frances Clark-Kennedy (1893–valor descoñecido)
FillosMarjorie Eleanor Hampson (pt) Traducir, Sir Dennys Francis Hampson, 11th Bt. (en) Traducir, Honoria Mary Hampson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiWilliam Seymour Hampson (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Sir George Francis Hampson, 10º Baronet de Hampson, nado o 14 de xaneiro de 1860 en Marylebone, Cidade de Westminster, Gran Londres, e finado o 15 de outubro de 1936 en Maidstone, capital do Condado de Kent, foi un entomólogo inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

George Hampson era fillo de Sir William Seymour Hampson, 9º Baronet de Hampson. Despois de facer os seus estudos primarios e secundarios, estudou no Exeter College, un dos Colleges que constitúen a Universidade de Oxford.

Viaxou á India onde foi o propietario dunha plantación de té e a presidencia de Madrás (actualmente Tamil Nadu), na que se interesou polas bolboretas e as avelaíñas.

Cando regresou a Inglaterra foi un traballador voluntario no Museo de Historia Natural de Londres, onde escribiu "The Lepidoptera of the Nilgiri District" (1891) e "The Lepidoptera Heterocera of Ceylon" (1893) como as partes 8 e 9 de Illustrations of typical Specimens of Lepidoptera Heterocera of the British Museum. ​Posteriormente comezou a traballar en The Fauna of British India, Including Ceylon and Burma: Moths (4 volumes 1892-1896).

Albert Günther ofreceulle un posto como asistente no Museo en marzo de 1895 e, despois de acadar o título de Baronet en 1896, foi ascendido a asistente principal en 1901. Máis tarde traballou no Catalogue of the Lepidoptera Phalaenae do Museo Británico (15 volumes, 1898-1920).

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Hampson emprégase para recoñecer a George Francis Hampson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Hampson casou con Minnie Frances Clark-Kennedy o 1 de xuño de 1893 e tiveron tres fillos, Marjorie Eleanor Hampson, Sir Dennys Francis Hampson, 11º Bt., e Honoria Mary Hampson.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]