George Calnan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "George Charles Calnan")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
George Calnan
George Calnan.jpg
Nacemento18 de xaneiro de 1900
 South Boston
Falecemento4 de abril de 1933
 Barnegat
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterAcademia Naval dos Estados Unidos
Ocupaciónesgrimista, oficial e Piloto
editar datos en Wikidata ]

George Charles Calnan, nado en Boston (Massachusetts) o 18 de xaneiro de 1900 e finado en Barnegat Light (Nova Jersey) o 4 de abril de 1933, foi un militar e tirador de esgrima norteamericano, gañador de tres medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro do equipo de esgrima da Mariña dos Estados Unidos de América, participou aos 20 anos nos Xogos Olímpicos de 1920 celebrados en Antuerpen (Bélxica), onde non logrou éxito na única proba que disputaba, a competición de florete individual. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París participou nas modalidades de espada e florete, novamente sen éxito.

Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan (Países Baixos) conseguiu gañar a medalla de bronce na competición individual de espada e finalizou quinto en espada por equipos e de florete por equipos, quedando eliminado na proba individual de florete. Nos Xogos Olímpicos de 1932 realizados nos Ánxeles (Estados Unidos) foi o encargado de realizar o xuramento olímpico dos atletas na cerimonia inaugural dos Xogos e conseguiu gañar o bronce en florete e espada por equipos, a máis de rematar sétimo na proba individual de espada.

Morreu no accidente do dirixible USS Akron. Tiña o rango de tenente do exército.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]