Georg Schwarzenbeck
Schwarzenbeck | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Hans-Georg Schwarzenbeck | ||
Nacemento | 3 de abril de 1948 | ||
Lugar de nacemento | Múnic | ||
Altura | 183 centímetros | ||
Posición | Defensa central | ||
Información de club | |||
Club actual | retirado | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Hans-Georg "Katsche" Schwarzenbeck (nado o 3 de abril de 1948 en Múnic) é un ex-futbolista xermano. Xogou na Bundesliga dende 1966 ata 1979 disputando un total de 416 encontros coma zagueiro do Bayern Múnic. Gañou seis campionatos xermanos, tres Copas de Alemaña, unha Recopa, e tres Ligas de Campións.
Schwarzenbeck xogou 44 veces para a selección de Alemaña Occidental, conseguindo a vitoria no mundial de 1974 e na Eurocopa 1972.
O 15 de maio de 1974 Schwarzenbeck marcou o gol do empate na final da Copa de Europa contra o Atlético de Madrid no derradeiro minuto do período de prolongación. A final repetíuse dous días despois e o Bayern fíxose coa vitoria por 4-0.
Traxectoria:
- 1966-1979: Bayern Múnic.
Palmarés:
- Bundesligas: 1969, 1972, 1973, 1974, 1980,
- Campión de Copa de Alemaña: 1966, 1967, 1969, 1971.
- Campión de Copa do Mundo de Seleccións: 1974.
- Campión de Europa de Seleccións: 1972.
- Copas de Europa: 1974, 1975, 1976.
- Copa Intercontinental: 1976.
- Recopa de Europa: 1967.