Geoffrey Crossley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Geoffrey Crossley
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 1950
Escudería(s) Alta
Grandes Premios disputados 2
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1950
Derradeiro GP Gran Premio de Bélxica de 1950


Geoffrey Crossley, nado en Baslow (Derbyshire) o 11 de maio de 1921 e finado en Headington (Oxfordshire) o 7 de xaneiro de 2002[1], foi un piloto de automobilismo inglés. Participou en dous Grandes Premios do Mundial de Fórmula 1, debutando o 13 de maio de 1950. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras fora de campionato da Fórmula Un.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De profesión, Geoffrey Crossley ear fabricante de mobles,[2] pero fora un entusiasta piloto de carreiras afeccionado desde xusto antes da Segunda Guerra Mundial. Despois da guerra, mantivo o seu interese e competiu en varias carreiras usando un Alta de preguerra, incluíndo a carreira de 1947 na Illa de Man.

En 1949 comprou un Alta GP Grand Prix, GP2, do fabricante en Surrey. Feito a medida, o coche presentaba unha carrozaría máis elegante que os seus predecesores.[3] Con este, Crossley gañou a International Class F (1.100 cc a 1.500 cc) no circuíto de Montlhéry a finais de 1949.[4] tamén fixo campaña co Alta GP nas carreiras seleccionadas en 1949, incluíndo o Gran Premio de Bélxica de 1949, onde terminou sétimo e último, a seis voltas do vencedor.

Ao ano seguinte participou na primeira carreira do Mundial de Fórmula Un: o Gran Premio do Reino Unido de 1950 no Circuíto de Silverstone. Cualificou no 17º lugar,[5] tres lugares por diante de Joe Kelly nun Alta similar, a pesar das especificacións de motor máis altas deste último. A carreira de Crossley finalizou cun fallo de transmisión na volta 43.[6] Máis tarde na tempada, Crossley presentouse no Alta para o Gran Premio de Bélxica de 1950, onde se clasificou 12º e terminou en novena posición.[7] Ademais das súas entradas no Campionato, Crossley tamén participou nunha serie de carreiras fora de campionato no Alta, pero ao final da tempada de 1950 decidiu retirarse debido aos altos custos do deporte.[2]

Fixo un breve regreso ao automovilismo en 1955, despois de construír un motor Lea-Francis especial ao que chamou Berkshire Special.[8] Crossley presentou o automóbil para o Richmond Trophy de 1955 no Circuíto de Goodwood, pero os problemas iniciais do coche significaron que era o máis lento da práctica.[9] e decidiu retirarse da carreira.[2] Debido aos compromisos familiares e laborais, Crossley abandonou o desenvolvemento do Berkshire Special,[10] e retirouse das carreiras para sempre.

Geoffrey Crossley morreu dun accidente cerebro-vascular, no John Radcliffe Hospital, o 7 de xaneiro de 2002.[1]


Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 Pos. Puntos
1950 Geoffrey Crossley Alta GP Alta L4s GBR
Ret
MON 500 SUI BEL
9
FRA ITA NC 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Where Are They Now?: Geoffrey Crossley". OldRacingCars.com. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Parker, Paul (2011). Formula One in Camera: 1950–59. Sparkford, Yeovil, Somerset: Haynes Publishing. p. 12. ISBN 978-1-84425-553-5. 
  3. "Alta 2-Litre". Conceptcarz.com. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 
  4. "The Sportfolio". The Autocar (Iliffe, Sons & Sturmey Ltd.) 94: 1236. 1949. 
  5. Muelas, Felix; Diepraam, Mattijs; England, Greg (novembro de 1999). "Geoffrey Taylor's brainchild". 8W. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2002. 
  6. "1950 British GP: Classification". ChicaneF1.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 
  7. "1950 Belgian GP". ChicaneF1.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 
  8. Jenkinson, Denis (1987). Directory of Historic Racing Cars. Aston Publications Ltd. p. 192. ISBN 978-0-946627-08-0. 
  9. "1955 Glover Trophy". ChicaneF1.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 
  10. Diepraam, Mattijs; 'Uechtel'; Reyna, Rafael; Breevoort, Leo; Heymans, Jasper (20 May 2010). "Grand Prix cars that never raced". 6th Gear.  Falta a |url= (Axuda);

Véxase tamén[editar | editar a fonte]