Saltar ao contido

Gaudapada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGaudapada

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
RelixiónAdvaita Vedanta Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo Editar o valor en Wikidata
AlumnosGovinda Bhagavatpada Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1646985

Gauḍapāda (en sánscrito: गौडपाद), que floreceu no século VI,[1] tamén referido como Gauḍapādācārya ("Gauḍapāda o Mestre"),[2] foi un filósofo medieval hindú e estudoso da escola Advaita Vedanta da filosofía hindú.[3][4] Aínda que os detalles da súa biografía son incertos, as súas ideas inspiraron a outros como Adi Shankara que o chamou Paramaguru (o máis alto mestre).[2][5]

Gaudapada foi o autor ou compilador do Māṇḍukya Kārikā, tamén coñecido como Gaudapada Karika.[6] O texto consiste en catro capítulos, (tamén se di catro libros[7]), e aínda que que no capítulo catro[4] a terminoloxía é budista, doutrinalmente a obra de Gaudapada é vedanta, non budista.[3][8][9] Os primeiros tres capítulos do texto de Gaudapada influíron na tradición Advaita Vedanta. Partes do primeiro capítulo que inclúe o Mandukya Upanishad foron considerados unha fonte válida polas escolas Dvaita e Vishistadvaita da Vedanta.[4][10]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Posiblemente era orixinario de Caxemira ou de Bengala.[11]

Aínda que non hai moito escrito sobre a súa vida, segundo unha lenda, Gaudapada era fillo de Vishnudatta e Gunavati, unha devota familia saraswat brahmana[12] en Bhupalam, preto de Vitta, e o seu nome foi Shukadatta.[13][14] Renunciou á súa vida (é dicir, aceptou a orde de saniasa) cando era moi novo e foi ao bosque nun outeiro próximo na procura da sabedoría espiritual. Máis tarde dixo que foi instruído directamente por Deus a través de nabhovani (unha voz interior) e despois viaxou ata Badarika Ashrama no Himalaia onde recibiu a sabedoría do Vedanta-sutra coas beizóns do seu escritor, o mítico Vyasa (primeiro milenio a. C.).

  1. Raju 1971, p. 177.
  2. 1 2 Potter 1981, p. 103.
  3. 1 2 Potter 1981, p. 105.
  4. 1 2 3 TRV Murti (1955), The central philosophy of Buddhism, Routledge (2008 Reprint), ISBN 978-0-415-46118-4, páxina 114
  5. Sarma 2007, pp. 125-126.
  6. Nakamura 2004, p. 308.
  7. Potter 1981, pp. 106-111.
  8. TRV Murti (1955), The central philosophy of Buddhism, Routledge (2008 Reprint), ISBN 978-0-415-46118-4, páxina 116
  9. Nakamura 2004, p. 311.
  10. Gaudapada Arquivado 15 de xuño de 2020 en Wayback Machine., Devanathan Jagannathan, University of Toronto, IEP
  11. Shri Goudapadacharya & Shri Kavale Math (a commemoration volume), páx. 38.
  12. Kadtala M. Shrinivasa Hariappa Nayak: Rajapura saraswata brahmanara sanskrita itihasa (en kannará). Parkala.
  13. Shri Gaudapadacharya Math Guru Parampara (sucesión de mestres no templo do mestre Sri Gaudapada).
  14. Shri Goudapadacharya & Shri Kavale Math (a commemoration volume), páx. 78.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]