Saltar ao contido

Ganga das estepas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ganga das estepas
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Pterocliformes
Familia: Pteroclidae
Xénero: Syrrhaptes
Especie: Syrrhaptes paradoxus
Área de distibución de S. paradoxus (Compilado por: BirdLife International and Handbook of the Birds of the World (2016) 2016.)     Reprodutores      Residentes      Non reprodutores
Área de distibución de S. paradoxus (Compilado por: BirdLife International and Handbook of the Birds of the World (2016) 2016.)     Reprodutores      Residentes      Non reprodutores

Área de distibución de S. paradoxus (Compilado por: BirdLife International and Handbook of the Birds of the World (2016) 2016.)     Reprodutores      Residentes      Non reprodutores

A ganga das estepas (Syrrhaptes paradoxus) é unha ave asiática de tamaño medio a grande da familia dos pteróclidos.

Marco Polo menciona unha ave chamada Bargherlac (do turcomano bağırlak) en As viaxes de Marco Polo, publicado contra o ano 1300. Trátase probablemente de Syrrhaptes paradoxus (S. pallasii).[2]

Foi estudada polo zoólogo alemán Peter Simon Pallas, razón pola que nalgúns idiomas recibe o nome de ganga de Pallas. O seu hábitat estepario explica o nome galego ganga das estepas. O nome científico procede do grego antigo. O nome do xénero Syrrhaptes vén de surrhaptos, que significa 'cosidos' (as plumas dos pés de ambas as especies do xénero están fusionadas) e o nome específico paradoxus vén de paradoxos, 'estraño'.[3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A ganga das estepas ten de 30 a 41 cm de longo e unha cabeza e pescozo pequenos similares aos dunha pomba, pero un corpo robusto e compacto. Ten ás e cola longas bicudas e patas e dedas emplumadas. A súa plumaxe é de cor beixe, raiada pola parte superior cunha mancha ventral negra e as partes inferiores das ás claras. O ventre negro e a parte inferior das ás clara distinguen esta especie da outra especie emparentada do Tibet Syrrhaptes tibetanus. O macho da ganga das estepas distínguese pola súa cabeza e peito grises, face alaranxada e banda pectoral gris. A femia ten unha plumaxe máis apagada e carece da banda pectoral, aínda que está máis raiada na parte superior.

Os seus pequenos pés non teñen a deda traseira, e as tres dedas frontais están fusionadas. A superficie superior dos pés está emplumada, e a parte inferior ten unha almofadiña carnosa. A aparencia do pé é máis como unhas garras de mamífero que como un pé de ave.[4]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]
Ovo de Syrrhaptes paradoxus

Esta especie reprodúcese en latitudes medias de Asia central en estepas secas e hábitats similares. O seu niño é unha escavación no chan, onde pon de 2 a 3 ovos verdosos con manchas crípticas.

É unha ave parcialmente migratoria, especialmente desde as partes do norte da súa área en Kazakhstán e Mongolia, pero a amplitude e distancia dos seus desprazamentos cara ao sur en inverno dependen da cantidade de neve caída.

Algunhas veces sae desde a súa área habitual de reprodución e invernada como ave vagante e chega a Europa acadando puntos tan ao oeste como Gran Bretaña, onde se ten reproducido, e Irlanda. Está incluída na lista das aves ibéricas. As razóns destes salientables desprazamentos son se comprenden completamente, mais foron facéndose cada vez menos frecuentes, probablemente debido á contracción da área de distribución siberiana occidental a medida que as estepas se foron utilizando máis para a agricultura.

Debido á súa dieta principalmente seca de sementes, esta ganga necesita beber unha gran cantidade de auga. A morfoloxía da á desta ganga facilita un voo rápido acadando velocidades de ata 64 km/h. Grandes bandadas de varios miles de individuos voan ás pozas de auga ao amencer e solpor facendo viaxes de ida e volta de ata 121 km ao día.[5] O macho proxenitor remolla as súas plumas do peito par enchoupalas de auga cando vai beber, transportando así esta auga nas plumas para que beban os polos cando regresa ao niño.[6]

  1. BirdLife International (2017). "Syrrhaptes paradoxus" 2017: e.T22692980A111987279. doi:10.2305/IUCN.UK.2017-1.RLTS.T22692980A111987279.en. 
  2. Haw, Stephen G. (2006). Marco Polo's China: a Venetian in the realm of Khubilai Khan. Routledge. p. 129. ISBN 9780415348508. 
  3. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. pp. 291, 376. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  4. van Grouw, Katrina (2012). Unfeathered Bird. Princeton University Press. pp. 242–243. ISBN 978-0691151342. 
  5. "sandgrouse". The Columbia Encyclopedia (6th ed.). Encyclopedia.com. 2016. Consultado o 23 de maio de 2016. 
  6. MacLean, Gordon L. (1 de xuño de 1983). "Water Transport by Sandgrouse". BioScience 33 (6): 365–369. ISSN 0006-3568. JSTOR 1309104. doi:10.2307/1309104. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]