Galicia no Tempo (disco)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia no Tempo
Álbum de Milladoiro
Publicado1992
Estudio(s)Windmill Lane (Dublín)
Xénero(s)Tradicional
Selo(s)Discmedi
Cronoloxía
Castellum Honesti (1989) Galicia no Tempo Via láctea (1993)

Galicia no Tempo é un álbum do grupo tradicional galego Milladoiro gravado no ano 1991 e, ao igual que gran parte da discografía do grupo, en Irlanda, nos Estudios Windmill Lane de Dublín e co técnico Brian Masterson. Consta de catro temas, tres de orixe tradicional e un de composición. É unha obra temática inspirada na exposición do mesmo nome que abarcaba toda a historia de Galicia, das orixes ao presente. Foi editado no mercado americano por Green Linnet e no xaponés por Marquee/Belle Antique.

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

N.º Título Duración
1. "As raíces"   7:13
2. "O camiño"   7:15
3. "O esplendor"   14:12
4. "O noso tempo"   14:47

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]