O fungo funil[1] (Clitocybe geotropa) é un fungobasidiomiceto da familiaTricholomataceae.[2] É unha especie moi común en certas zonas; onde se aproveita para fins comestibles. Crece até moi avanzada a estación, novembro e decembro. Atópase nos prados dos bosques, no medio das matogueiras, onde a vexetación fai difícil o acceso. Preséntase en forma gregaria, dispostas en filas ou en cercos máis ou menos regulares (ás veces, aneis de fadas). Non está moi difundida. A variedade presentada é típica dos bosques de abetos brancos.[3]
É comestible e de bo sabor, mais é preciso utilizar só exemplares novos. Non se presta para ser secada, xa que adquire unha consistencia dura, tenaz, que a fai practicamente inutilizable en calquera preparación culinaria. Os cogomelos son moi baixos en calorías (unhas 30 kcal/100 g), posto que o seu contido está formado entre un 80% e 90% de auga. Tamén son moi baixos en proteínas.