Fritz Strassmann
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Friedrich Wilhelm Straßmann 22 de febreiro de 1902 Boppard, Alemaña |
| Morte | 22 de abril de 1980 Maguncia, Alemaña |
| Residencia | Alemaña |
| Educación | Leibniz Universität Hannover |
| Director de tese | Otto Hahn |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Química, química analítica e Fisión nuclear |
| Lugar de traballo | Maguncia |
| Ocupación | químico, científico nuclear, profesor universitario, membro da resistencia |
| Empregador | Universidade de Maguncia Sociedade Kaiser Wilhelm Instituto de Química Max Planck (pt) |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | Otto Straßmann |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Fiziki, (p.304) |
Fritz Strassmann (Boppard, 22 de febreiro de 1902 - Maguncia, 22 de abril de 1980) foi un químico analítico alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na Escola Técnica Superior da cidade de Hannover e foi investigador do Instituto Kaiser Wilhelm entre os anos 1929 e 1945. Negouse a unirse ao Partido Nazi ou a calquera organización afín, e pasou a colaborar con Otto Hahn, con quen descubriu en 1938 que cando se bombardeaba con neutróns o núcleo dun átomo este fragmentábase en dous átomos máis pequenos. Este fenómeno, coñecido coma fisión nuclear, foi a base das primeiras bombas atómicas así coma dos reactores nucleares.
Levou a cabo tamén diversos estudos referidos ao grupo de elementos químicos coñecidos como transuránidos. En 1946 foi nomeado profesor de química inorgánica da Universidade de Maguncia e en 1953 director do departamento de química do Instituto Max Planck.