Free European Song Contest
O Festival de Europa Libre (en inglés Free European Song Contest) é un festival da canción televisado, creado en 2020 por Stefan Raab e organizado pola canle de televisión alemá ProSieben e pola produtora Brainpool (despois da cancelación de Eurovisión 2020 pola pandemia da COVID-19 en Europa). O festival será de carácter anual como Eurovisión, despois do éxito da primeira edición.
Regras
[editar | editar a fonte]As regras son as mesmas que en Eurovisión. A única diferenza é que os artistas deben ter algunha relación coa cultura alemá (semellante ao Festival de Turkvisión onde tes que ser un país turco ou unha rexión de fala turca).
Países participantes
[editar | editar a fonte]Poden participar calquera dos países participantes en Eurovisión. Polo momento, 16 países participaron no festival.
- Alemaña
- Austria
- Bulgaria
- Croacia
- Dinamarca
- España
- Irlanda
- Israel
- Italia
- Kazhakhstán
- A Lúa
- Países Baixos
- Polonia
- Reino Unido
- Suíza
- Turquía
Galicia en Eurovisión
[editar | editar a fonte]Polo momento, ningún galego participou no Festival da Canción de Europa Libre.
Gañadores
[editar | editar a fonte]O único gañador é Nico Santos que representou a España coa súa canción «Like I Love You» na primeira edición. Seguido por Ilse DeLange de Países Baixos e pola Lúa grazas a Max Mutzke como Der Astronaut (en galego o Astronauta).
Ano | País | Canción | Intérprete | Edición |
---|---|---|---|---|
2020 | España | Like I Love You | Nico Santos | FreeESC 2020 |
Países gañadores
[editar | editar a fonte]O único país gañador é España grazas a Nico Santos na primeira edición. Seguido polos Países Baixos e pola Lúa.
Vitorias | País | Ano/s |
---|---|---|
1 | España España | 2020 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Festival de Eurovisión
- Bundesvision Song Contest (en galego: Festival da Canción de Bundevisión)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Free European Song Contest no IMDb
- Web oficial do Festival de Eurovisión Arquivado 13 de decembro de 2020 en Wayback Machine. Páxina oficial de ProSieben (en alemá)
- [1] Páxina oficial de Brainpool (en alemá)