Frau Hulda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frau Holle / Frau Hulda
Personaxe de Kinder- und Hausmärchen
Primeira aparición Primeira edición dos contos dos Irmáns Grimm, 1812
Creador(es) Irmáns Grimm (versión que popularizou a personaxe)
Información
Alcume Mam Holle, Mam Hula, Frau Holle, Mam Hula, Nai Neve, Señora Neve.
Sexo Feminino
Ocupación Figura mitolóxica, asociada con tarefas domésticas e fenómenos naturais
Residencia Asociada co Hoher Meissner e o Frau-Holle-Teich
Nacionalidade Non especificada, pertence á mitoloxía e literatura alemás, con figuras paralelas na mitoloxía céltica

Mam Holle (a nai Holle ou nai neve), Frau Holle (a señora Holle ou señora neve) ou Frau Hulda, Holda ou Holla, e variantes noutras linguas, é un personaxe folclórico centroeuropeo e unha figura lendaria do mesmo título dos irmáns Grimm (véxase Contos de fadas de Grimm, nº 24).

Na literatura[editar | editar a fonte]

A nai Holle: debuxo de Hermann Vogel.

Este conto de fadas foi incluído na colección "Kinder- und Hausmärchen" dos Irmáns Grimm, sendo unha mestura da lenda de Perchta (Frau Holle) con elementos narrativos adicionais. A historia orixinal, baseada nas narracións de Dorothea Wild, sufriu varias revisións nas súas edicións posteriores.[1]

O conto de fadas é do tipo 480D "Historias de rapazas educadas e desobedientes" da clasificación Aarne-Thompson-Uther.[2]

Conexións coa mitoloxía[editar | editar a fonte]

No conto de Frau Holle dos Irmáns Grimm, a protagonista salta a un pozo e atópase cun mundo alternativo, o que se pode interpretar como unha metáfora da viaxe ao "Outro Mundo" na mitoloxía celta ou a unha realidade paralela. Este elemento de transición a un mundo onde a lóxica habitual non se aplica é común nos contos e na mitoloxía, como lugares máxicos de misterio e transformación.[3]

Parodias e cultura popular[editar | editar a fonte]

Escultura de Frau Holle.

En Janosch, Frau Holle non consegue facer o seu traballo porque a boa irmá fuxiu cun pasteleiro e a outra é preguiceira, e por iso a neve, o pan e as mazás están tan desigualmente distribuídos e o mundo está en tal desorde.[4]

Na curtametraxe de Kerstin Hensel Seifenmärchen, a Goldmarie é secuestrada e convertida en xabón.[5]

Un manga co personaxe de Frau Holle foi publicado por Luisa Velontrova.[6]

Frau Holle é un cóctel sen alcohol, branco, feito con zume de ananás, natas e xarope de coco.

O mercado de Nadal en Schloss Kaltenberg recibe aos visitantes na porta de entrada con Goldmarie e Pechmarie (as irmás María do Ouro e María do Piche) sacudindo almofadas.[7]

Na versión da Märchenstunde (2007), a filla "preguiceira" é na realidade a boa e sensata, mentres a súa irmá parva causa só caos co seu exceso de celo.

Frau-Holle Teich, en Hessen.

En Hessen[editar | editar a fonte]

O Hoher Meissner, unha montaña de 754 metros de altura situada en NordHessen, no Estado de Hessen é coñecido polas súas conexións coa lenda de Frau Holle. O Landkreis de Meißner, localizado ao pé desta montaña, alberga varios lugares asociados con esta figura mítica, incluíndo a lagoa Frau-Holle-Teich.

Alí, unha escultura homenaxeando esta personaxe foi obxecto de polémica e crítica por ser caracterizada como "demasiado sexy".[8]

Notas

  1. "Frau Holle". Wikipedia en alemán. 
  2. "Frau Holle 480". www.maerchenlexikon.de. Consultado o 2023-11-11. 
  3. Brüder Grimm (1812). "Frau Holle". Kinder- und Hausmärchen (1 ed.). 
  4. Janosch: Frau Holle. En: Janosch erzählt Grimm’s Märchen. Fünfzig ausgewählte Märchen, neu erzählt für Kinder von heute. Mit Zeichnungen von Janosch. 8. Auflage. Beltz und Gelberg, Weinheim und Basel 1983, ISBN 3-407-80213-7, S. 51–55.
  5. Kerstin Hensel: Seifenmärchen. En: Die Horen, Band 1/52, Nr. 225, 2007, S. 20, ISSN 0018-4942.
  6. Grimms Manga. Sonderband. Tokyopop, Hamburg 2012, ISBN 978-3-8420-0638-6.
  7. www.schloss-kaltenberg-weihnachtsmarkt.de
  8. "Rubriken / informativos". archive.ph ; www.hr-online.de. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2007. Consultado o 11 de novembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.