Clasificación Aarne-Thompson-Uther

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


A clasificación Aarne-Thompson-Uther (ATU) é unha revisión en profundidade da Clasificación Aarne-Thompson (AT, ou AaTh), utilizada nos estudos do folclore e que permite a indexación de contos e outros relatos tradicionais por tipo de conto (conto-tipo).

Foi publicada por vez primeira en 2004, da man do folclorista alemán Hans-Jörg Uther.


Principais evolucións[editar | editar a fonte]

A Clasificación Aarne-Thompson empregada anteriormente proviña da versión inicial do finés Antti Aarne (1910)[1] e fora xa revisada en dúas ocasións, en 1928 e 1961, polo norteamericano Stith Thompson.[2]

H.J. Uther subliña no preámbulo [3] [4] que ningunha tipoloxía científica rigurosa era capaz de reflectir " a tradición narrativa do mundo real", ou dito doutro modo, que calquera tentativa de clasificación dentro deste dominio sempre sería imperfecta.

Con todo, el tivo en conta, na medida do posible, as principais críticas das que foran obxecto as versións anteriores, principalmente[5]:

  • Os factores vencellados ás lagoas do corpus utilizado orixinariamente. Este corpus estaba baseado nun inicio só no folclore europeo e mesmo dentro deste ámbito algúns países estaban pouco ou nada representados (Rusia, Dinamarca, Portugal, etc.) ao igual que as culturas minoritarias (vasca, por exemplo). Ademais Aarne interesárase principalmente pola tradición oral do século XIX, deixando de lado, de feito, numerosos documentos literarios anteriores. Con posterioridade foron publicados numerosos catálogos de contos, incluíndo os de fóra de Europa, que puideron deste xeito ser utilizados. Na ATU engadíronse máis de 250 novos tipos.
  • O descontrol na clasificación debida ás múltiples versións localizadas nunha soa rexión e pouco documentadas. Uther decidira facer desaparecer aquelas que estaban demasiado pouco representadas e aconsellaba consultar, chegado o caso, os catálogos locais.[6].
  • A insuficiencia ou a aproximación dos títulos e os descritores (a miúdo centrados nos personaxes masculinos) dificultaba frecuentemente a conciliación entre unha variante e o conto-tipo axeitado. Uther decantouse por tornalas máis explícitas e máis racionais, sinalando a un tempo os títulos precedentes como recordatorio.
  • Presenza dunha boa cantidade de errores e incoherencias ( ata un mesmo conto-tipo é referenciado en dous sitios diferentes)

Por outra banda, non se foi en contra do principio da numeración, que estaba entre as prácticas habituais, mesmo se son recoñecibles algunas recodificacións e reagrupamentos. Deste xeito, por exemplo, o conto-tipo AaTh 1587 mudou en ATU 927D ("O home que a quen se lle permite escoller a árbore da que será colgado").

O principio da distinción entre contos veciños por unha letra maiúscula e/ou un ou dous asteriscos (por exemplo: ATU 705 / 705A / 705B / 705A*) mantívose, pero estas notacións xa non gardan necesariamente un significado preciso.[5] Uther indica tamén que a sección AaTh 850-999, (Contos románticos) non se corresponde de feito con ningún xénero literario específico, pero que decidiu conservala malia todo.

As notas de Uther, resumos breves pero significativos, fornecen un gran número de referencias sobre os motivos-tipo codificados por Stith Thompson e tamén achegan indicacións sobre as combinacións frecuentes de contos-tipo; as distincións (sobre todo nas primeiras versións documentadas por escrito) e, por cada entrada, unha lista de referencias a catálogos especializados xa publicados. En caso contrario, as principais variantes para un conto-tipo aparecen resumidas ben a nivel do conxunto do conto ou das súas partes principais (introdución,nó,etc.)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Villatoro, Francisco R. (2013-11-20). "La historia 'filomemética' del cuento "Caperucita Roja"". La Ciencia de la Mula Francis (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  2. Usúa, María Segura (2016-01-24). "La clasificación Aarne-Thompson (ATU)". Biblioteca de los Cuentos de Hadas (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  3. Uther 2004, 2011, Préface.
  4. Uther 2005, en Cahiers de Littérature orale n° 57-58.
  5. 5,0 5,1 "The Types of International Folktales – The Gold Scales". oaks.nvg.org. Consultado o 18 de decembro de 2018. 
  6. "É necesario que cada entrada represente un conto-tipo independente, documentado polo menos por tres grupos étnicos diferentes ou por un longo período de tempo." [Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hans-Jörg Uther, The Types of International Folktales : A Classification and Bibliography Based on the System of Antti Aarne and Stith Thompson, Academia Scientiarum Fennica, coll. « Folklore Fellow's Communications, 284-286 », Helsinki, 2004 (réimpr.2011) ; – 3 vol. (en inglés)
  • (en inglés) Stith Thompson, The Folktale, Holt, Rinehart and Winston, 1946. Rééd. University of California Press, 1977 ISBN 0-520-03359-0
  • Stith Thompson, Motif-index of folk-literature, a classification of narrative elements in folk-tales, ballads, myths, fables, mediaeval romances, exempla, fabliaux, jest-books and local legends. Helsinki, Academia scientiarum fennica, 1932-1936. 6 volumes.
  • Nommer / Classer les contes populaires. Cahiers de Littérature orale (Paris, INALCO, Publications Langues'O, 2005), 57-58 ISBN 2-85831-158-7, ISSN 0396-891X (en francés). Especialmente:
    • Article de Hans-Jörg Uther, La nouvelle classification internationale des contes-types (ATU).

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]