François Georges-Picot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrançois Georges-Picot

(1918) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1870 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xuño de 1951 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Mayor of 18th arrondissement of Paris (en) Traducir
1940 – 1941
Ambassador of France to Argentina (en) Traducir
1927 – 1928
Ambassador of France to Bulgaria (en) Traducir
1920 – 1925
High Commissioner (en) Traducir Palestina, Siria
1917 – 1919
Consul General of France in Beirut (en) Traducir
1914 – 1914 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDiplomacia Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , xurista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaGeorges-Picot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisGeorges Picot (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Marthe Bachasson de Montalivet Editar o valor em Wikidata
IrmánsCharles Georges-Picot (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

François Georges-Picot, nado en París o 21 de decembro de 1870 e finado na mesma cidade o 20 de xuño de 1951, foi un diplomático e avogado francés quen negociou o Acordo Sykes-Picot co avogado británico, Mark Sykes entre novembro de 1915 e marzo de 1916. O acordo foi un tratado segredo que propuxo que, cando se iniciase a partición do Imperio Otomán despois da teórica vitoria por parte da Tripla Entente, o Reino Unido, Francia e, máis tarde, Rusia e Italia, dividiríanse entre si os territorios árabes baixo influencia otomá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Picot graduouse en Dereito e converteuse en avogado do Tribunal de apelación de París en 1893. Converteuse en diplomático en 1895 e agregouse á Directiva de Política en 1896. Converteuse en secretario do embaixador en Copenhaguen e en Pequín antes de ser nomeado Cónsul-Xeral de Francia en Beirut[1] un pouco antes do comezo da primeira guerra mundial.

No Cairo, mantivo boas relacións cos maronitas do Líbano. No verán de 1915 o Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia o mandou de volta a París. Como membro do Partido Colonial francés avogou en favor do grupo que apoiaba un Mandato francés de Siria durante as negociacións do Acordo Sykes-Picot e unha «Siria integral», desde Alexandreta (na Turquía actual) ao Sinaí e desde Mosul ata a costa mediterránea.[2]

Foi nomeado alto comisionado en Palestina e Siria entre 1917 e 1919, ministro plenipotenciario en 1919, alto comisionado de Bulgaria en 1920 e embaixador na Arxentina.

Familia[editar | editar a fonte]

Foi fillo do historiador Georges Picot e tío-avó do presidente francés Valéry Giscard d'Estaing. Casou con Marie Fouquet en París o 11 de maio de 1897 e tiveron tres fillos: Jean Georges-Picot, Élisabeth Georges-Picot (1901 - 1906) e Sibylle Georges-Picot. A súa neta Olga Georges-Picot actuou na película Chacal.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Vincent Cloarec, Henry Laurens Le Moyen-Orient au 20e siècle, París: Armand Colin (2003) pages 218-219 ISBN 2-200-26614-6

Outros artigos[editar | editar a fonte]