Franz Joseph Gall
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de marzo de 1758 Tiefenbronn |
| Morte | 22 de agosto de 1828 (69 anos) Montrouge |
| Lugar de sepultura | Acapulco de Juárez, 18 Grave of Gall (en) |
| Educación | University of Strasbourg (en) Universidade de Viena |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Frenoloxía |
| Lugar de traballo | Viena París |
| Ocupación | médico, anatomista, neurólogo, phrenologist (en) |
| Membro de | |
| Profesores | Gerard van Swieten (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Maria Katharina Leisler (1790–) |
| Pais | Joseph Anton Gall |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Allgemeine Deutsche Biographie Biographisches Lexikon des Kaiserthums Oesterreich, (vol:5, p.63) |

Franz Joseph Gall, nado o 9 de marzo de 1758 en Tiefenbronn, Baden e finado o 22 de agosto de 1828 en París, foi un anatomista e fisiólogo alemán, fundador da frenoloxía, unha teoría que reivindica ser capaz de determinar o carácter, características da personalidade, e grao de criminalidade pola forma da cabeza.
No seu principal traballo Untersuchungen ueber die Anatomie des Nervensystems ueberhaupt, und des Gehirns insbesondere[1] (A anatomía e fisioloxía do sistema nervioso en xeral, e do cerebro en particular), Franz Joseph Gall estabeleceu os principios nos que baseou a súa doutrina.
Convencido de que as funcións mentais residen en áreas específicas do cerebro e que isto determina o comportamento, asumiu que a superficie do cranio reflicte o desenvolvemento destas zonas. O primeiro concepto foi comprobado cando Paul Broca localizou o centro da fala no cerebro en 1861. A segunda noción foi invalidada cando se descubriu que o grosor do cranio varía, así que a súa forma non reflicte o cerebro en si. Gall foi o primeiro en identificar a materia gris como tecido activo (somas neuronais) e a substancia branca (axóns) como tecido condutor.
- Análise da cabeza de Gall.
- Orixinal da análise de Gall.
- Capa do xornal da frenoloxía no período vitoriano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Franz Joseph Gall e Johann Spurzheim: Untersuchungen ueber die Anatomie des Nervensystems ueberhaupt, und des Gehirns insbesondere, Paris e Strasburg, ed. Treuttel e Würtz, 1809, reedición 2001: ISBN 3 487113 86 4
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Franz Joseph Gall |
- Historia da frenoloxía (en inglés)
- Biografía Arquivado 01 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)