Francisco Varela Buela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco Varela Buela
Nacemento17 de agosto de 1890
 Forcarei
Falecemento4 de outubro de 1981
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Francisco Gerardo Varela Buela, nado en Forcarei o 17 de agosto de 1890 e finado en Cerdedo o 4 de outubro de 1981, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Varela Paz. Estudou Maxisterio e recibiu o título de mestre superior en 1913. Foi mestre en Crecente, Oia e dende 1924 en Cerdedo. Foi alcalde de Cerdedo na ditadura de Primo de Rivera (1924-1926). Durante a República, foi secretario do xulgado municipal, asesor técnico da secretaría do Concello de Cerdedo e traballou para erradicar o analfabetismo en Cerdedo. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 colaborou na organización da resistencia antifranquista. Foi detido e xulgado por rebelión, depurado do seu cargo e condenado a cadea perpetua. Saíu en liberdade provisional en 1944 e abriu unha academia en Cerdedo.


Predecesor:
?
 Escudo de Cerdedo.svg
Alcalde de Cerdedo
 
1924-1926
Sucesor:
?

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Cabalero Méndez e foi pai de María Varela Caballero.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]