Francisco Trigo García
Francisco Trigo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Trigo García | ||
Nacemento | 18 de novembro de 1910 | ||
Lugar de nacemento | Carral, Galicia | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1933–1935 | Deportivo da Coruña | 8 | (0) |
1935–1940[1] | Racing de Santander | 10 | (0) |
Total | 18 | (0) | |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Trigo García, nado en Carral o 18 de novembro de 1910, foi un futbolista galego. Xogaba na demarcación de gardameta. Era o pai do tamén futbolista Francisco Trigo Guillemette.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na tempada 1933–34 xogou no Deportivo da Coruña, en Segunda División, á sombra do porteiro titular Rodrigo García Vizoso. Debutou da man do adestrador Fernando Fariña na xornada 17, nun empate a domicilio fronte ao Deportivo Alavés (2–2), xogando tamén o seguinte partido fronte ao Real Murcia no vello Parque de Riazor, que rematou en vitoria (2–1). Na tempada 1934–35 foi novamente suplente, neste caso do retornado Isidro Rodríguez, aínda que participou en 6 encontros e empezou sendo o porteiro titular do equipo dirixido por Félix Gila.
Na tempada 1935–36 fichou polo Racing de Santander, en Segunda División. No club cántabro permaneceu até a campaña 1939–40, sumando un total de 10 encontros xogados.