Martín José Iriarte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Martín José Iriarte
Nacemento8 de outubro de 1799
 Urriza
Falecementoséculo XIX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar e político
editar datos en Wikidata ]

Martín José Iriarte Urdániz, nado en Urritza (Navarra) o 8 de outubro de 1799, foi un militar e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1817 embarcou para América combatendo en Perú ata 1825. Brigadier, home de confianza de Espartero. Foi vicerrei de Navarra (1837). Foi nomeado Comandante militar de Ourense en novembro de 1939. Destinado na Coruña, participou na rebelión progresista de 1840 e foi nomeado pola Xunta Central Capitán Xeneral de Galicia o 14 de setembro de 1840, en substitución de Laureano Sanz. Foi substituído polo xeneral Santos San Miguel o 4 de novembro. Foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Coruña nas eleccións de febreiro de 1841. Nomeado senador pola provincia da Coruña o 29 de marzo de 1841, renunciou o 30 de abril. Membro da Xunta de Salvación, Armamento e Defensa de Madrid en 1854 (do 19 de xullo ao 1 de agosto). Ascendido a Tenente Xeneral en agosto de 1854, foi nomeado Capitán Xeneral das Vascongadas. Volveu ser elixido deputado a Cortes por Cuenca en 1854. Volveu ser nomeado Capitán Xeneral de Galicia o 29 de setembro de 1885, pero cesou o 18 de outubro dese mesmo ano. En decembro foi nomeado inspector do Corpo de Carabineros da Facenda Pública, do que finalmente foi Director xeral en 1859. Foi nomeado senador vitalicio en 1858.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Biografía del Excmo. Sr. Martín José Iriarte Teniente General y Senador del Reino". Escenas contemporáneas (1): 279–289. 1863. 
  • El Teniente general don Martín José Iriarte / Chamorro Baquerizo, Pedro en Estado Mayor General del Ejército Español : Sección de Tenientes Generales / redactada bajo la dirección de Pedro Chamorro y Baquerizo H. 469-476. [185-?]
  • Prado Gómez, Antonio (1988-1989). Deputación Provincial de Lugo, ed. "La rebelión progresista de 1840 en Lugo". Boletín do Museo Provincial de Lugo (4): 57–76. Consultado o 18 de novembro de 2012. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]