Saltar ao contido

Francisco Porto Mella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrancisco Porto Mella
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xullo de 2012 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Boisaca Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciado en Dereito
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista, cónsul, avogado, cónsul honorario, diplomático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela
Alianza Francesa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría do Socorro Ortega Romero Editar o valor en Wikidata
FillosRosario Porto Ortega Editar o valor en Wikidata
ParentesAsunta Basterra Porto, neta
Alfonso Basterra Camporro, xenro Editar o valor en Wikidata
Premios

Francisco Porto Mella, nado o 18 de decembro de 1925 en Santiago de Compostela,[1] e finado o 26 de xullo de 2012 na mesma cidade, foi un avogado galego.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Porto Mella licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.[1]

Ademais de exercer a avogacía en Santiago, no seu despacho Porto Abogados, foi profesor de Dereito mercantil na Universidade de Santiago de Compostela, asesor xurídico do Concello de Santiago de Compostela e presidente da Alianza Francesa de Santiago.[1] Até 1997 foi cónsul honorario de Francia en Santiago, cargo que exerceu durante 30 anos.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Caso Asunta Basterra.

Casou coa catedrática de Historia da Arte, María do Socorro Ortega Romero (†2011) e foi pai da avogada Rosario Porto, famosa por asasinar en 2013 canda ao seu marido Alfonso Basterra, á súa filla de 12 anos de idade, Asunta, nun dos crimes con máis sona nos medios da historia de Galicia.[4] Rosario acabou suicidándose en prisión no ano 2020.

Distincións

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 4 5 Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Porto mella, Francisco". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 458. ISBN 84-8064-113-4.
  2. ↑ Francisco Porto Mella Necrolóxica en rememori.com
  3. ↑ "Si Asunta hubiera crecido en Yongzhóu…". Galicia Única (en castelán). 6 de novembro de 2015.
  4. ↑ "Charo Porto, en una lista negra de 500 cónsules con historial delictivo". El Correo Gallego (en castelán). 20 de novembro de 2022. Consultado o 6 de decembro de 2022.