Asunta Basterra Porto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Asunta Basterra Porto
Nome completoAsunta Yong Fang Basterra Porto
Nome de nacementoYong Fang
Nacemento30 de setembro de 2000
 Yongzhou
Falecemento21 de setembro de 2013
 Santiago de Compostela
Causaasasinato
Etniachinesa
PaiAlfonso Basterra Camporro
NaiRosario Porto Ortega
editar datos en Wikidata ]

Asunta Basterra Porto, nada en Yongzhou (Hunan, China) o 30 de setembro de 2000 e finada en Santiago de Compostela o 21 de setembro de 2013, foi unha nena galega asasinada pouco antes de facer os 13 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Adopción[editar | editar a fonte]

Cando a nena tiña un ano de idade, o matrimonio formado por Alfonso Basterra Camporro e Rosario Porto Ortega, residente en Santiago de Compostela e sen fillos biolóxicos, desprazáronse a China e adoptárona,[1] poñéndolle o nome de Asunta Fang Yong.

Desaparición e morte de Asunta[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Caso Asunta Basterra.

O 21 de setembro de 2013, cando a nena tiña 12 anos, desapareceu. Os seus pais adoptivos denunciaron a súa desaparición na tarde-noite dese mesmo día. Na madrugada do día siguiente, dúas persoas descubriron un cadáver nunha pista forestal da parroquia de San Simón de Ons de Cacheiras, no municipio de Teo (a só 5 km da casa de campo de Rosario Porto en Montouto, tamén en Teo), alertando aos Servizos de Emerxencia, que identificaron o corpo da nena desaparecida.[2]

O día 24 de setembro a nai, Rosario Porto, foi detida e investigada por un presunto delito de homicidio. Un día despois tamén o pai, Alfonso Basterra, foi detido e investigado.[2]

O xuíz que se encargou do caso foi José Antonio Vázquez Taín, coñecido pola súa actuación anterior e reciente na recuperación do Códice Calixtino (2012) e no caso do accidente ferroviario de Angrois (2013). O caso motivou grande interese e foi obxecto de numerosos reportaxes nos principais medios televisivos españois. De acordo cos datos recollidos durante a investigación, a mesma xirou en torno a unha serie de pistas, entre as que se encontran:[3]

En xuño de 2014 o xuíz Vázquez Taín puxo fin á instrución do caso, dando paso ao proceso de apertura de xuízo oral.[7] En outubro, a Sección Sexta da Audiencia provincial da Coruña con sede en Satiago terminou cos últimos trámites xudiciais.[8] A selección do xurado popular iniciouse en maio de 2015,[9] estando previsto o comezo do xuízo para entre o 23 de xuño e o 17 de xullo do mesmo ano, pero producíronse algúns atrasos,[10] e foi finalmente a principios de outubro de 2015 cando se iniciou o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña, con 84 testemuñas e 60 peritos.[11] O 30 de outubro de 2015 o xurado popular designado polo Xulgado de Santiago de Compostela determinou, por unanimidade, como culpábeis tanto a Alfonso Basterra como a Rosario Porto do asasinato de Asunta Basterra.[12] En novembro de 2015, apenas dúas semanas despois de coñecerse o veredito, coñécese a sentenza contra os pais de Asunta Basterra: 18 anos de cárcere para cada un por un delito de asasinato coa concorrencia da agravante de parentesco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sonia Vizoso / Xosé Hermida (27 de setembro de 2013). El País, ed. "Asunta, una niña estudiosa y apegada a sus padres". Consultado o 21 de novembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 20minutos (ed.). "Cronología del 'caso Asunta', la niña hallada muerta en Teo". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 El País, ed. (23 de marzo de 2014). "Asunta: medio año y cabos sueltos". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  4. El País, ed. (2 de novembro de 2013). "La cuerda con la que fue atada Asunta era parte de la bobina encontrada en su casa". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  5. El País, ed. (4 de outubro de 2013). "Los análisis demuestran que Asunta recibió una dosis letal de ansiolítico". Consultado o 21 de novembro de 2014. 
  6. El País, ed. (31 de decembro de 2013). "El ordenador y el móvil del padre de Asunta aparecen donde no estaban". Consultado o 21 de novenmbro de 2020. 
  7. El País, ed. (20 de xuño de 2014). "El juez cree que Alfonso Basterra "participó en la asfixia" de Asunta". Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  8. El País, ed. (19 de outubro de 2014). "La Audiencia anula las conversaciones de los padres de Asunta en el calabozo". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  9. El País, ed. (11 de maio de 2015). "Seleccionadas las 36 personas de las que saldrá el jurado del caso Asunta". Consultado o 19 de outubro de 2020. 
  10. El País, ed. (19 de xuño de 2015). "Seleccionados 20 nuevos candidatos para el jurado del 'caso Asunta'". Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  11. El Mundo, ed. (28 de setembro de 2015). "¿Mataron a Asunta porque les molestaba?". Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  12. El Mundo, ed. (30 de outubro de 2015). "Los padres de Asunta, culpables". Consultado o 19 de novembro de 2020.