Entre as súas publicación atópanse relatos, poesía e textos sobre areodinámica aplicada, relacionado coa súa profesión, piloto profesional dunha aeroliña[2]. En 2009 publicou a súa primeira novela Los lobos del centeno[3].
Exerce tamén como orador en diferentes foros, como centros universitarios ou programas de radio e televisión: Cuarto milenio, El guardián de la noche ou Milenio. Comprometido tamén coa defensa da cultura en proxectos como Lendaria, destinado a recuperar, protexer e divulgar a tradición máxica de Galicia.[4]
Laín. El bastardo (2018). Barcelona. Ed. Edhasa. 768 páxs. ISBN 978-84-350-2185-2. Martín Códax conta a historia de Laín, o bastardo de San Paio nos tempos do rei Afonso X: Galicia, os Pireneos, Venecia, Palestina...
Balvanera. La puta beata, el fraile descreído, el indio cojo y el hideputa honrado (2022). Barcelona. Ed. Edhasa. 672 páxs. ISBN 9788435063630. Intento de roubo na frota de Indias, aventuras na Nova España.
Breo. El celta que desafió a Roma (2023). Barcelona. Ed. Edhasa. 624 páxs. ISBN 9788435064194.
Canon de performance: masa y centrado, y planificación de vuelo (2012). Ed. Paraninfo. 864 páxs. ISBN 9788428332477. Desenvolvemento dos principios básicos da aerodinámica, a aplicación práctica...
De hombres y ríos. Los secretos de la selección española (2021). Barcelona. Ed. Edhasa. 480 páxs. ISBN 978-84-350-6528-3. O segredos da selección española. nos campionatos mundiais FIPS-Mouche, pesca a mosca.