Francisco Javier Padín Vaamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrancisco Javier Padín Vaamonde
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemático , profesor de ensino secundario , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeMaría Adela Romero Germade (falecida)
FillosPaula (falecida), Beatriz, Francisco Javier e Adela

Francisco Javier Padín Vaamonde, nado en Santiago de Compostela en 1941 e finado na Coruña o 31 de decembro de 2023, foi un galego profesor de matemáticas e escritor de temas relacionados coa filatelia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Francisco Javier Padín licenciouse en Ciencias Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela, e trasladouse á Coruña para dar clases na Universidade Laboral Crucero Baleares (O Burgo, Culleredo).

Estudoso da historia postal, foi o maior coñecedor dos enteiros postais españois. Foi directivo e presidente da Sociedade Filatélica da Coruña.[1] Colaborou con múltiples artigos en Academus, Crónica, El Eco, Revista de Filatelia, La Voz de Galicia e na revista Porteo, da que foi un dos seus fundadores.[1] Foi membro da Academia Europea de Filatelia, e da Real Academia Hispánica de Filatelia de 1997 a 2016.[1]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Entre outras, foi o autor dos seguintes libros:[1]

  • Enteros postales de España (1873-1973) (1990)
  • Diccionario de filatelia (1996)
  • Las emisiones de entero postales de España (1873-1973). Una guía para su estudio (2003)
  • Catálogo especializado de cartas-sobre avión y aerogramas españoles con franqueo mecánico (1947-1986) (2023)

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio José Gomis Herrero de Filatelia
  • Premio Dr. Thebussem

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Francisco Javier Padín Vaamonde na web da Real Academia Hispánica de Filatelia e Historia Postal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]