Saltar ao contido

Forza de Kosovo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Forza de Kosovo
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Nome orixinal
Kosovo Force Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Organizador/a
Organizacións
 Lealdade
Datas
 Fundación / creación
1999 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Sede
 Área de operación
 Xurisdición
Identificadores
VIAF148706310 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02mf56 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Musicbrainz: 7e7658f7-5d89-44f0-9d46-919f95d4d8fd Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Sectores da KFOR, e situación da provincia en Serbia.
Sectores da KFOR en 2006.
Blindado Marder alemán do continxente KFOR.
Vehículo francés da KFOR.
Columna de vehículos portugueses da KFOR.

O Forza de Kosovo ou KFOR (siglas en inglés de Kosovo Force) é unha forza militar multinacional liderada pola OTAN que entrou en Kosovo dous días despois de que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas aprobara a resolución 1244. O seu obxectivo era manter a orde e a paz no territorio.

Introdución

[editar | editar a fonte]

Antes de que a forza multinacional entrara en Kosovo, esta provincia sufría un déficit humanitario moi serio, debido á guerra que libraban soldados do Exército de Liberación de Kosovo (UÇK) e o Exército da República Federal de Iugoslavia (FRY). O conflito étnico chegou a momentos de extrema virulencia nos que moitas persoas pereceron. Cerca dun millón de persoas abandonaron Kosovo como refuxiados en busca dun lugar onde estar seguros.

Obxectivos do Operativo

[editar | editar a fonte]
  • Manter a orde e a seguridade en Kosovo
  • Manter os puntos acordados no acordo de paz
  • Dar asistencia ao programa da misión da ONU en Kosovo (MINUK).

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A KFOR está estruturada en 5 Forzas Operacionais (Task Forces) multinacionais e cada forza opera nun punto específico, pero todas están sometidas a un mesmo mando, baixo a autoridade do comandante da KFOR.


  • Unidade Multinacional Especializada UME KFOR, Pristina (MSU en inglés)
  • Países que a conforman:
  • Italia Italia, Francia e Estonia Estonia
  • País ao mando: Italia Italia


  • Batallón de Manobra e Reserva Táctica de KFOR, Pristina
  • Países que o conforman:
  • Portugal Portugal
  • País ao mando: Portugal Portugal




  • Brigada Multinacional "Oeste", Composta por:
    • Task Force Aquila e Task Force Falco en Pec/Peje, Base Italiana de Vilaggio;
    • Task Force Tizona en Istok/Istog, Base España;
  • Países que a conforman:
  • Hungría Hungría, Romanía Romanía, Eslovenia Eslovenia, España España
  • País ao mando: Italia Italia (Brigadier Xeneral Nicolo’ Falsaperna)



No estado de máximos houbo destinados en Kosovo 51.500 soldados de 30 países diferentes.

O resto de países manteñen unha contribución mínima

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]