Festón
Un festón (do francés feston, italiano festone, do latín tardío festo, orixinalmente unha grilanda festiva, latín festum, festa) é unha coroa ou grilanda que pendura de dous puntos, e en deseño e arquitectura adoita ser un adorno tallado que representa unha disposición de flores, follaxe ou froita unida e suspendida por cintas.[1]
Orixes e deseño
[editar | editar a fonte]A súa orixe débese probablemente á representación en pedra das guirlandas de flores naturais, etc., que se colgaban sobre a porta da entrada os días de festa ou que se colgaban arredor dun altar.[1][2]
O deseño foi empregado en gran medida tanto polos antigos gregos como polos romanos e formou a principal decoración de altares, frisos e paneis.[2] Nos extremoso festón ven atado ás veces con lazos retorcidos; cando ademais o extremo do follaxe queda suspendido, denomínase margent.[1]
O motivo utilizouse máis tarde na arquitectura neoclásica e nas artes decorativas, especialmente na cerámica e na obra dos prateiros. As variacións sobre o deseño exacto son abundantes; por exemplo, as cintas poden estar suspendidas dun nó decorado, ou suxeitadas nas bocas duns leóns, ou suspendidas sobre os cornos dos bucráneos.
Galería
[editar | editar a fonte]-
-
-
-
Pintura de Jan van Kessel (1656)
-
Pintura de Jan Brueghel (1615)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Chisholm, Hugh, (1911). "Festoon". Encyclopædia Britannica (Cambridge University Press) 10 (11): 294.
- ↑ 2,0 2,1 Sturgis, Russell (1901). A Dictionary of Architecture and Building. Macmillan.