Festa Folc de Vilariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Festa Folc de Vilariño
PaísGalicia Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Festa Folc de Vilariño é un festival de música galega que se celebra na aldea de Vilariño, na parroquia do Hío do concello de Cangas do Morrazo cada ano a finais do mes de agosto.

A primeira edición da Festa Folc foi no ano 2000 e dende aquela teñen pasado polo escenario da praia grupos como Xosé Manuel Budiño, Os Diplomáticos de Monte Alto, Os Cempés, O Jarbanzo Negro, Lamatumbá, A Quenlla, Quempallou ou Ruxe Ruxe. Aínda que en moita menor medida, tamén algún grupo de fóra do país, como Terrakota ou El Combo Linga, ten tocado no festival.

A Festa Folc adoita celebrarse o sábado máis próximo ao día 23 de agosto, San Bertomeu, pois este é un día tradicionalmente festivo na aldea de Vilariño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]