Fernando López-Acuña
Nome orixinal | Fernando López-Acuña López |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 22 de febreiro de 1949 (75 anos) Lugo, España |
País de nacionalidade | española |
Actividade | |
Ocupación | musicólogo |
Membro de | |
Fernando López-Acuña López, nado en Lugo o 22 de febreiro de 1949,[1] é un musicólogo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Colexio Fingoi, onde foi alumno de Ricardo Carvalho Calero.[2] Tras gañar unhas oposicións, traballou, até a súa xubilación, no Banco Pastor, na Coruña.
Desde o 17 de novembro de 2001 é membro correspondente da Real Academia Galega,[3] na que é membro da súa Comisión de Historia.[4] É membro da Irmandade da Música Galega, e autor dunha ampla obra de investigación e ensaio en temas literarios e culturais. Sobre o Himno Galego e a figura e obra de Pascual Veiga,[5] colaborou en numerosas actividades e publicacións, especialmente na obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical. Ademais de múltiplas conferencias, participou en simposios sobre a figura de Eduardo Pondal e Pascual Veiga, ao tempo que colaborou en exposicións e máis en documentais sobre o Himno.[4]
O 20 de decembro de 2018, na conmemoración do 110º aniversario da estrea do Himno celebrada na Real Academia Galega, nun acto organizado conxuntamente co Instituto José Cornide, Fernando López-Acuña profundou no proceso da creación artística do Himno, composto en 1890, e falou sobre outras posíbeis representacións.[6]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]Artigos en revistas
[editar | editar a fonte]- 2013. "Música basada en la obra de Ramón María del Valle-Inclán y Montenegro (con Roger Tinnell). Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 27, páxs. 171-201.
- 2012. "Patto di sangue. Libreto de Sandro Capelletto. Música de Matteo D'Amico: a obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical. Papeletas para un catálogo de compositores VI". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 24, páxs. 189-203.
- 2012. "La rosa de papel" de Valle-Inclán e o "Orfeón Los Amigos": unha sociedade coral pontevedresa de finais do século XIX". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán" nº 23, páxs. 31-43.
- 2011. "Acario Cotapos en España. As súas "Voces de gesta": obra musical inspirada na "Tragedia pastoril" homónima de Valle-Inclán". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 22, páxs. 29-66.
- 2011. "A obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical. Papeletas para un catálogo de compositores. V". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 22, páxs. 123-131.
- 2010. "A obra de Valle-Inclán como fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. V". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 21, páxs. 33-49.
- 2008. "A obra de Valle - Inclán como fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. III". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 17, páxs. 17-41.
- 2007. "A obra de Valle-Inclán, fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. II". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 14, páxs. 60-111.
- 2006. "A obra de Don Ramón del Valle-Inclán fonte de inspiración musical: papeletas para un catálogo de compositores. I". Cuadrante: revista cultural da "Asociación Amigos de Valle-Inclán", nº 12, páxs. 45-49.[7]
Colaboracións en obras colectivas
[editar | editar a fonte]- 2007. "Himno. Historia, texto e música" (con Manuel Ferreiro Fernández), en Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ramón Villares, eds. Símbolos de Galicia. A Coruña: Consello da Cultura Galega / Real Academia Galega. ISBN 978-84-96530-46-1, pp. 105-192.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, F. 2002, p. 338.
- ↑ Fernando López Acuña en colexiofingoi.com. (en galego), (en castelán).
- ↑ "Membros correspondentes". Real Academia Galega.
- ↑ 4,0 4,1 PGL (7 de decembro de 2018). "Os pinos. O Himno da Nazón de Breogán, palestra de Fernando López-Acuña". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2021. Consultado o 22 de xaneiro de 2021.
- ↑ Ferreiro Fernández 2007.
- ↑ España Exterior (22 de xaneiro de 2021). "Villares destaca el papel de la emigración en la aceptación del himno de Galicia. El musicólogo Fernando López-Acuña afirmó que 'Os pinos' pudo haberse interpretado antes de su estreno oficial en La Habana". Consultado o 22 de decembro de 2021..
- ↑ Fernando López-Acuña López en Dialnet.
- ↑ Himno. Historia, texto e música.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 338. ISBN 84-8064-113-4.
- Ferreiro Fernández, Manuel (2007). De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego (PDF). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento. ISBN 84-8487-132-0. (primeira edición de 1996)