Fernando López Mantiñán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando López Mantiñán
Nacemento13 de febreiro de 1909
Lugar de nacementoRutis
Falecemento17 de febreiro de 1978
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncarpinteiro e sindicalista
editar datos en Wikidata ]

Fernando López Mantiñán, nado en Rutis (Culleredo) o 13 de febreiro de 1909 e finado na Coruña o 17 de febreiro de 1978,[1] foi un carpinteiro e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carpinteiro. Afiliado á CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Posto en liberdade pouco despois, foi detido novamente en marzo de 1937 no intento de fuxida do Portiño no Monte de San Pedro.[2][3][4] Xulgado en consello de guerra na Coruña o 5 de xuño,[5] foi condenado a cadea perpetua. Concedéronlle a prisión atenuada en xuño de 1940. Militou na clandestinidade na CNT, formou con Juan García Durán e Félix Álvarez Arganzúa o primeiro comité clandestino da CNT da Coruña do que foi secretario. Logo foi nomeado tesoureiro do primeiro comité rexional galego da CNT. Foi reclamado polo Xulgado Militar da Coruña en novembro de 1945,[6] e polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.[7] Logrou escapar da onda de detencións e marchou a Cádiz, onde embarcou para Tánxer. Nos primeiros anos cincuenta estaba no Senegal e cara a 1953 emigrou a Australia, instalándose en Camberra e deixando a militancia na CNT. Retornado a Galicia en 1969, foi arrestado en Tui, pero foi liberado ao pouco tempo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Felicidad Monroy Ramos e foi pai de Fernando e Ricardo López Monroy.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 18-2-1978, p. 16.
  2. "Se ahogan en San Pedro varios marxistas", Hoja Oficial del Lunes, 8-3-1937, p. 6.
  3. El Ideal Gallego, 9-3-1937, p. 4.
  4. El Correo Gallego, 9-3-1937, p. 2.
  5. El Ideal Gallego, 6-6-1937, p. 2.
  6. BOP A Coruña, 28-11-1945 p. 4.
  7. La Voz de Galicia, 10-8-1947, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]