Félix Álvarez Arganzúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFélix Álvarez Arganzúa
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1895 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de setembro de 1979 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Félix Álvarez Arganzúa, nado na Coruña o 28 de outubro de 1895 e finado na mesma cidade o 1 de setembro de 1979,[1] foi un militante anarcosindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Félix Álvarez Seijas. Emigrou a Arxentina sendo mozo e retornou á Coruña en 1915. Destacou como militante libertario nos anos da República como integrante do Sindicato de Camareros y Cocineros Marítimos La Cosmopolita, do que foi directivo. Simpatizou co sector moderado da Confederación. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, estivo agochado até 1938, cando foi detido ao tentar saír nunha das fugas organizadas por Despertear Marítimo. Foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Saíu en liberdade en 1941, militou na clandestinidade na CNT, formou con Juan García Durán e Fernando López Mantiñán o primeiro comité clandestino da CNT da Coruña, e en 1946 figuraba como secretario do comité da CRG na clandestinidade. Foi detido no verán de 1946, pero conseguiu fuxir do cuartel da Garda Civil. Marchou a Noia onde o protexeu o capataz das minas de San Fins, Miguel Sangenís. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.[2] Viviu en Madrid con nome suposto. En 1957 foi novamente detido, e ao saír da prisión de Vigo en 1958 retornou á Coruña.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Rosa Fiaño Rey, que finou o 5 de febreiro de 1936, e foi pai de Félix, Purificación, Dolores, Francisco, Alfredo, Isolina, Jaime e Roberto Álvarez Fiaño.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-9-1979, p. 53.
  2. La Voz de Galicia, 10-8-1947, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 6-2-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]