Gramática xenerativa
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Xenerativo" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
| Gramática xenerativa | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
A gramática xenerativa é unha teoría lingüística elaborada por Noam Chomsky e outros lingüistas do MIT a comezos da década de 1960 que pretende dar conta da creatividade dos falantes. Nas súas hipóteses, a capacidade lingüística (exclusiva dos seres humanos) repousa sobre a existencia de estruturas universais innatas que tornan posíbel a adquisición das linguas naturais. O mecanismo mental que se activa permite emitir e comprender frases que nunca antes se enunciaran. A gramática xerativa oponse aos modelos distribucional e estrutural, que só poden describer frases realizadas.
A gramática é un mecanismo finito que permite xerar ("producir", "crear") un conxunto infinito de frases gramaticais ben formadas. Esa gramática constitúe o saber lingüístico dos individuos que falan unha lingua, isto é, a súa competencia lingüística.
As gramáticas xenerativas constan de tres compoñentes:
- Compoñente sintáctico: Sistema de regras que definen as frases permitidas nunha lingua.
- Compoñente semántico: Sistema de regras que definen a interpretación das frases xeradas polo compoñente sintáctico.
- Compoñente fonolóxico ou fonético: Sistema de regras que realizan nunha secuencia de sons as frases xeradas polo compoñente sintáctico.