Paco Martínez Soria
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Francisco Martínez Soria 18 de decembro de 1902 Tarazona, España |
Morte | 26 de febreiro de 1982 (79 anos) Madrid, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | cemetery of Cabrera de Mar (en) |
Outros nomes | Paco Martínez Soria |
Actividade | |
Ocupación | director teatral, actor de cinema, actor, guionista |
Período de actividade | 1934 - 1981 |
Familia | |
Cónxuxe | Consuelo Ramos Sánchez (1929–) |
Fillos | Francesc Martínez-Soria Ramos |
Premios | |
Páxina web | donpacomartinezsoria.com |
|
Francisco Martínez Soria, nado en Tarazona o 18 de decembro de 1902 e finado o 26 de febreiro de 1982, foi un actor e empresario teatral e cinematográfico español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sendo moi novo a súa familia trasladouse a Barcelona onde comeza os seus estudos, e tras eles, o seu traballo como dependente e, máis tarde, como comercial. Durante esta época compatibilizou o seu traballo con actuacións en grupos de afeccionados do barrio de Gràcia.
Durante a guerra civil española deixou o seu traballo, centrándose no teatro como actor profesional. En 1938 debuta no Teatro Fontalba coa compañía de Rafael López Somoza coa obra Antonio pasó el infierno. Dous anos máis tarde fundou a súa propia compañía coa cal traballa durante os anos corenta dende o Teatro Urquinaona e na década dos anos 1950 dende o Talía, ambos os dous en Barcelona.
En 1934 colaborou como extra na comedia en branco e negro Sereno... y tormenta do director Ignacio F. Iquino, co que colaborarou como actor noutras once películas. O seu primeiro papel como actor principal foi en 1938 coa mediametraxe cómica Paquete, el fotógrafo público número uno. Continúa participando como actor secundario en moitas películas ata 1944, en que retorna por completo ao teatro como actor e empresario.
O seu nome comezou a ser coñecido cando entre os anos 1942 e 1944 é nomeado director e primeiro actor da compañía titular do Teatro de la Zarzuela.
Volveu ao cine nos cincuenta, aínda que foi en 1965 cando, dirixido por Pedro Lazaga, conseguiu o éxito coa película La ciudad no es para mí. Dende este momento a súa personaxe de "cateto" entrañable non deixará de aparecer en pantalla ata a súa morte.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Sereno... y tormenta (Ignacio F. Iquino, 1934)
- Al margen de la ley (Ignacio F. Iquino, 1935)
- Error judicial (Juan Faidellá, 1935)
- Diego corrientes (Ignacio F. Iquino, 1936)
- Paquete... el fotógrafo público número uno (Ignacio F. Iquino, 1938)
- Alma de Dios (Ignacio F. Iquino, 1938)
- El difunto es un vivo (Ignacio F. Iquino, 1941)
- Boda accidentada (Ignacio F. Iquino, 1942)
- Deliciosamente tontos (Juan de Orduña, 1943)
- El hombre de los muñecos (Ignacio F. Iquino, 1943)
- Piruetas juveniles (Giancarlo Capelli, 1943)
- Un enredo de familia (Ignacio F. Iquino, 1943)
- Viviendo al revés (Ignacio F. Iquino, 1943)
- Almas en peligro (Ignacio F. Iquino, 1951)
- La danza del corazón (Ignacio F. Iquino, 1951)
- Fantasía española (Javier Setó, 1951)
- La montaña sin ley (Ignacio F. Iquino, 1953)
- El difunto es un vivo (Juan Lladó, 1956)
- Veraneo en España (Miguel Iglesias, 1956)
- Su desconsolada esposa (Miguel Iglesias, 1957)
- Sendas marcadas (Juan Bosch, 1959)
- La ciudad no es para mí (Pedro Lazaga, 1965)
- ¿Qué hacemos con los hijos? (Pedro Lazaga, 1967)
- El turismo es un gran invento (Pedro Lazaga, 1968)
- Se armó el belén (José Luis Sáenz de Heredia, 1969)
- Abuelo made in Spain (Pedro Lazaga, 1969)
- Don erre que erre (José Luis Sáenz de Heredia, 1969)
- Hay que educar a papá (Pedro Lazaga, 1971)
- El padre de la criatura (Pedro Lazaga, 1972)
- El abuelo tiene un plan (Pedro Lazaga, 1973)
- El calzonazos (Mariano Ozores, 1974)
- El alegre divorciado (Pedro Lazaga, 1975)
- Estoy hecho un chaval (Pedro Lazaga, 1976)
- Vaya par de gemelos (Pedro Lazaga, 1977)
- Es peligroso casarse a los 60 [Mariano Ozores, 1980)
- La tía de Carlos (Luis María Delgado, 1981)